Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
CONCERTO PUNK ROCK
30/10/2008 19:00

Concerto punk rock en Ponteareas

"MARXE ESKERDA " (REDONDELA)
+
"ALTERAZION DEL ORDEN" (MELIDE)


29/10/2008 17:23

Pallasxs en Rebeldía participarán na 10º edición do “Somriure per a Chiapas” a Pineda de Mar (Barcelona)

O programa de actividades desta décima edición do "Somriure per a Chiapas", organizado por "GONG per la defensa dels drets humans i dels pobles" caracterízase por unir actividades específicas para determinados sectores da población con outras para todos os públicos.


26/10/2008 00:49

O polígono Mos-Redondela: NON

Veciñas/os de Saxamonde (Redondela) recollen 573 alegacións contra o parque industrial Mos-Redondela.
Constituironse en asamblea permanente.


25/10/2008 21:23

Os concellos ao bordo da quebra

Sexa por acción ou omisión os concellos, exceden o seu límite económico provocando un déficit encadeado

Resulta de dubidosa lexitimidade e mesmo de cuestionada legalidade que os Concellos destinen os seus medios a labores de competencia allea


23/10/2008 02:38

Esmagado pola crise o Estado Arxentino desposúe dos cartos ás adminstradoras dos fondos privados de pensión.

  No intre dunha difícil situación pola crise mundial, mailos problemas locais, a folga dos mestres das escolas elementais, a disputa pola muda do fuso harario e ás dubidas co nomeamento do seleccionador nacional do futbol, a presidenta Cristina Fernández de Kirchner asinou e enviouno ó Congreso o proxeto da lei de nacionalización dos fondos das AFXP. 


Concurso de mesturas de Lamatumbá
21/10/2008 18:38

Concurso de mesturas de Lamatumbá

A banda matumbeira ourensá volve á escea virtual cunha nova idea que verdadeiramente para os seguidores do grupo e mesmo para os experimentados que queiran mudarlle, ou non, o estilo musical ao tema "Farto" teñen agora unha oportunidade de facelo neste curioso concurso....O asunto é sacar unha nova versión libre do tema FARTO a partires das pistas serparadas da gravación orixinal. Lamatumbá fará o seu seguinte video clip co tema gañador e darlle pulo na rede e en TV. Todo el mundo a bailarrrrr....co Paraugas Universal... Festaaaa.


O Hartismo
21/10/2008 17:54

O Hartismo


O Hartismo, chamado polos tres tenores a anti-anti-arte. Pero logo din que a arte é de todos. Como din os máis vellos, "a ver, en que quedamos", pois quedamos da seguinte maneira. Un antigo amigo da arte un día chegou a un museo e deixou plasmados a tódolos aqueles que pasaron pola sala ao ver aquel esperpento un urinario no medio dunha sala; algúns deles pregunáronse: "¿a quen se lle ocorrería?", outros "¿os baños do museo son estes?" e outros questionábanse "pero, ¿isto é arte?".


20/10/2008 21:55

Dimite o pleno do Goberno no Perú

  O presidente Alan García Pérez envolto no que deu en chamarse "petrogate" ou "petroescándalo"


20/10/2008 21:22

Unha asociación pola defensa dos dereitos humanos de Arxentina pide a reapertura das causas xudiciais por corrupción económica no tempo da ditadura militar.

  Grandes bancos e empresas do primeiro nivel foron beneficiadas cós prestamos do estado.


17/10/2008 13:01

o roubo institucionalizado

aparcadoiros públicos en ourense ( e no resto ): a desfeita da collona.


16/10/2008 12:02

Xenofobia en Santiago de Compostela

Un camareiro insulta, despreza e agrede verbalmente a varios clientes que o unico que fixeron para molestarlle foi pedir a carta, ser de fora e, supoño, ter unha cor de pel distinta a del.


15/10/2008 16:59

A dominación hispánica na América

  A pegada da imposición cultural e o xenocidio


14/10/2008 19:01

Arte galega da emigración en Bos Aires

  A Deputación de Pontevedra presentou o catalogo


14/10/2008 13:40

Protesta polo servizo de transporte sanitario non urxente

Unha lectora de Boiro fainos chegar esta carta na que se queixa do funcionamento dun servizo público.


13/10/2008 11:58

Q tes na Caldereta? co Presidente da AVV de Covas en Ferrolterra.

José Manuel Cereijo, presidente da Asociación de Veciñas/os de Covas, contaranos a súa exitosa experiencia na dinamización social e cultural da parroquia de Covas, desde a participación cidadá.


Dinosaurios en Galego
12/10/2008 14:52

Dinosaurios en Galego

A plataforma 12 lúas emite o seu segundo podcast radiofónico do preestreo de Dinosaurios 3D. Xigantes da Patagonia. Documental con tecnoloxía tridemensional que o Museo Científico da Domus emite na única sala galega acondicionada para este tipo de proxeccións.
http://12luas.blip.tv/rss


09/10/2008 17:36

Organizacións ecoloxistas rexeitan a instalación na patagonia Arxentina da ONG The Nature Conservance.

  A ONG financiada polos millonarios do mundo ten a misión de preservar o ecosistema.


09/10/2008 16:21

Á presidenta da Arxentina Cristina Fernández de Kirchner deu á súa primeira mensaxe ó mundo na asemblea xeral das nacións unidas.

  Saliento os habituais reclamos pola solución da problemática das illas Malvinas, a cuestión AMIA, os dereitos humanos e desvelo o efecto "jazz".


05/10/2008 10:47

CASTANHAZO ROCK 2008

De novo  bota a andar o castanhazo Rock


03/10/2008 23:50

ALERTA ANTIFASCISTA NA CORUNHA

se convoca a mocidade corunhesa a acudir ao acto a mostrar a sua repulsa!



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.