Veciñas/os de Saxamonde (Redondela) recollen 573 alegacións contra o parque industrial Mos-Redondela.
Constituironse en asamblea permanente.
Os veciñas/os non entenden como a Consellería de Vivenda e Solo quere impoñerlles un polígono industrial de mais de 760.000m² arredor das súas vivendas nin que sexa tan necesario a construcción de tantos polígonos na mesma bisbarra: Ameal, Veigadaña, Amoedo e Mos - Redondela, nin que a ordenación do territorio teña que significar a súa destrucción.
Despois de presentar as 573 alegacións, a veciñanza decidiu seguir loitando por conservar o seu monte que é parte integral do seu modo de vida coa convicción de que a súa forza fará arquivar o proxecto.