Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
09/02/2009 21:28

A liberdade (¿que é?)

Coincido con quen di que citar a grandes autores pode resultar pretencioso, ou delatar unha falla de argumentación propia. Nesta ocasión, por tratarse dun filósofo universal de doado acceso para todos, serei eu quen corra o risco.


09/02/2009 18:09

Xornalismo de baixos fondos

Carta dun lector, Carlos García Rey, que pon en dúbida a veracidade de diversas informacións sobre o Consorcio do Benestar.


Cultura sin Lugar (descriptiva.ar)
08/02/2009 16:49

Cultura sin Lugar (descriptiva.ar)

Cultura sin lugar (descriptiva.ar) é un proxecto creativo descriptivo. Amosa a visión da cultura diaria que tendemos a non percibir conxugándoa cós espazos físicos sociais.

http://www.youtube.com/watch?v=TvpzKRHlMog


Fogo!: Carta Aberta á Comisión (…) Hogueras de San Juan
07/02/2009 01:26

Fogo!: Carta Aberta á Comisión (…) Hogueras de San Juan

Perante a declaración de persona non grata por parte da Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan do Tenente de Alcalde da Coruña, Henrique Tello, remito esta carta aberta para aclarar algunhas das posturas que non me parecen aceptableis por parte dunha entidade privada que recibe fondos públicos, ou recibía noutros tempos.


06/02/2009 18:54

A fala

Recomendación para os que queren manifestarse contra a lingua do país. Escoitade música, lede poesía.


06/02/2009 16:44

Bilingüismo, Mr. Marshall!

Actividades da plataforma ridiculista Sei o que nos Figestes...


06/02/2009 12:53

Videoforo en Lugo: "Liste pronunciado Líster".

Mércores 11 de febreiro, ás 19:30 no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia. Organiza: Asociación Cultural Cultura do País. Intervirá Margarita Ledo Andión.


06/02/2009 11:19

Nova data para a presentación de "Antítese nativa" (nota de prensa)

Nova data para a presentación de "Antítese nativa" (nota de prensa) "Antítese nativa", o libro do poeta Manuel L. Rodrigues (Noia 1978) será presentado o vindeiro día 9 de Febreiro (Luns). O acto será no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partires das 20:00 e está organizado polo Concello. "Antítese nativa" foi a obra que este pasado ano acadou o Premio de Poesía Suso Vaamonde.


06/02/2009 10:53

Incorrecta e confusa sinalización do Canón do Sil

A Agrupacion Micoloxico-Naturalista PINGADOURO, quere denunciar a INCORRECTA, CONFUSA, INADECUADA, INADMISIBLE e IRRESPONSABLE señalización do CANON DO SIL dende as estradas Nacionais de LUGO e OURENSE.


05/02/2009 22:21

A presidenta da Arxentina defendeu a dobre xornada de traballo da muller, na casa máis na profesión

  Cristina Fernández de Kirchner, salientou nunha afervoada defensa da muller, gabou a súa calidade de dona do fogar aínda o seu traballo coma xefa do estado, na xuntanza na que amosou un plan para anovar os aparellos electricos de uso nos fogares. O estado arxentino axudara co pagamento dos xuros ás familias ca decideren renovar os vellos aparellos do fogar, electricos e de gas natural, lavadoras, cociñas, calentadores, calderas, entre outros. A oposicion xulgou a medida coma desacougada e "papavotos".


05/02/2009 11:15

O día 1 de marzal hei de ir votar

Reflexións, á luz dunha "camping gaz", sobre as vindeiras elecións autonómicas.


04/02/2009 19:10

Resposta ao artigo de Xoán Carlos Garrido: O partido dos antipartido

Manuel Díaz López envíanos o seguinte texto para replicar outro publicado na sección de opinión de Vieiros.


Umha bandeira digna
04/02/2009 17:28

Umha bandeira digna

Esse pano azul e branco que o movimento nacionalista ornamentou cumha estrela vermelha, procede do símbolo da comandância marítima espanhola da Crunha, associado com Galiza por olhos dos emigrados na Argentina.


02/02/2009 10:42

Problemas lingüísticos con Unión Fenosa

Carta dun lector, Alberto Fernández Díaz, que denuncia a falta de respecto da eléctrica coa diversidade lingüística de Galiza e cos dereitos como cidadáns e como clientes.


02/02/2009 10:06

Escribindo en nome da paz

Manifesto ao que se deu lectura o sábado 31 no X Foro de ONG, en Área Central. O texto foi lido pola escritora Marilar Aleixandre.


02/02/2009 10:01

Begonte sen pediatra

Pensamos seguir defendendo o que coidamos un dereito, a sanidade dos nosos fillos e fillas.


31/01/2009 00:16

Reflexións sobre "Galicia Bilingüe"

Ás portas da manifestación en Compostela o día 8, é necesaria a unión de tódalas forzas nacionais para combater pacíficamente a xenreira españolista dos membros de "Galicia Bilingüe".


29/01/2009 23:30

Por mor da crise mundial o Brasil enxerta cartos no seu mercado interno

  O Brasil insire 45 mil millóns de dólares das súas reservas monetarias no mercado interno para manter a súa economía co fornecemento do consumo de bens e a produción nas factorías, máis a estabilidade do emprego. Agoiran unha forte medra do despedimento no mundo por mor da crise económico-financeira a estimanza fica preto dos 70.000 traballadores en todo-los eidos das factorías e o comercio. Mentres o dólar elevase nos mercados do país a General Motors de arxentina co apoio do goberno lanza un plan para-la renovación do parque de taxis urbanos, no entanto bota ao desemprego 2.000 traballadores. Rusia enfronta a crise e devala a súa moeda nun dez por cen, co que un euro valera 41rublos. Medran os datos negativos, o desemprego e óuvense novos agoiros para-la industria da construción na economía dos EUA e a compañía Microsoft deixa nas rúas 5.000 empregados, a economía chinesa medro un nove por cento e a produción mundial de aceiro caeu o vinte e cinco por cento, a Soni do Xapón estragará cartos na primeira vez na súa historia.


28/01/2009 20:14

Cartas de De Juana II

Tras cumprir máis de 15 anos de cárcere, a Xustiza Española condenou a máis tempo na cadea ao probado terrorista Iñaki de Juana Chaos polo feito de ter escrito unhas cartas tras a súa liberación que " incitaban á violencia". Logo de lles presentar a primeira aquí lles presentamos a segunda e derradeira carta escrita en Gara e pola que foi condenado


SurfGZ.com - Novo xornal surfeiro galego
28/01/2009 13:43

SurfGZ.com - Novo xornal surfeiro galego

Este novo proxecto informativo en galego xa leva catro meses na rede e avanza no seu camiño de ser o primeiro referente galego en información surfeira. Ten seccións dos temas de surfing, bodyboard, longueirón, natureza, viaxes e ciencia.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.