Nova data para a presentación de "Antítese nativa" (nota de prensa) "Antítese nativa", o libro do poeta Manuel L. Rodrigues (Noia 1978) será presentado o vindeiro día 9 de Febreiro (Luns). O acto será no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partires das 20:00 e está organizado polo Concello. "Antítese nativa" foi a obra que este pasado ano acadou o Premio de Poesía Suso Vaamonde.
Manuel L. Rodrigues naceu en Noia no ano 1978, e respira poesía. Foi cofundador e membro do Colectivo Literario Sacou, do Grupo Teatral Éteatro, integrante da Asociación Audiovisual Paradiso... Acadou varios premios literarios e participou no World Poetry Day en Santiago de Compostela, convidado polo Pen Clube de Galicia. Colaborou na antoloxía «21 poemas por man propia» da Colección Bourel e en diversas revistas. Foi partícipe do xurado do certame de poesía Francisco Añón de Outes, e agora vén de ser galardoado co XIV Premio de Poesía «Suso Vaamonde» polo seu libro; «Antítese nativa» que verá a luz en Febreiro. Está no blogomillo a través da súa web: http://www.manuellrodrigues.blogspot.com/