Unha lectora de Boiro fainos chegar esta carta na que se queixa do funcionamento dun servizo público.
Son unha muller, veciña de Boiro, na comarca do Barbanza (A Coruña), o meu nome é Mª del Carmen Hermo Torrado, a que desde fai tempo a saúde non acompaña, e por iso son usuaria de cadeira de rodas, e os meus problemas de saúde son múltiples e variados. E por este motivo, a falla de saúde, teño que acudir con frecuencia os distintos especialistas do noso Servizo de Saúde, o SERGAS; e debido a miña boa amiga, a cadeira de rodas, que fai vez das miñas inútiles pernas, convertinme en usuaria habitual do Servizo de Transporte de Ambulancias (Transporte Sanitario Non Urxente) para poder acudir a todas esas citas cos meus médicos/as. O servizo brindoume a posibilidade de facelo, xa que carecemos de autobuses adaptados que me permitisen facelo con axuste á maltreita economía dunha pensionista en terra galega. Este servizo dende logo nunca estivo exento de motivos de queixa e dende logo sempre necesitou moitas e múltiples melloras por parte das empresas que a cargo da Dirección Provincial de A Coruña do Sergas o levaban a cabo. Dende logo con semellante panorama endexamais crin que as cousas puidesen empeorar pero a vida e moi traizoeira e demóstrache sempre que a seguridade en algo é a primeira razón para que iso cambie, e na maioría dos casos a peor.
Hai unha tempada dende o SERGAS decidiron cambiar as empresas que se encargaban do servizo, asumindo este outra empresa; e como unha xa é demasiado desconfiada como para aventurarse a crer nesas promesas de notables melloras que se oían, pero dende logo o que seguiu conseguiu deixarme apampada, algo que dende que tiven que sentar nunha cadeira con rodas, para suplir ás miñas pernas, pensei que non ía voltar a suceder.
A nova empresa encargada pretende conseguir beneficios co servizo que presta, como me parece lóxico a min e a calquera, o que non esperaba era que a súa maneira de conseguilo fose atentar contra a miña dignidade e sobre todo a saúde dos seus usuarios, para que entendan do que falo poñereilles un exemplo do que sucede e vostedes xulgaran se o que digo constitúe un atentado contra a xa mermada saúde dos seus usuarios.
O médico de cabeceira faiche a prescrición do servizo (remíteselle dende o centro de saúde correspondente a través da rede (Internet) á Dirección Provincial do Sergas.
Estes aproban o servizo, e transmítelle os datos oportunos á empresa que finalmente fará dito servizo.
O día anterior a túa cita co correspondente especialista, unha empregada cun ton non demasiado amable nin cortes (quizais ela tamén ten queixas que dar da súa situación laboral) dáche a hora de recollida no teu domicilio; imaxínense a sorpresa se vostede tendo cita para as 10:30 horas da maña en Santiago, lle din que van a pasar a recollela ás 07:30 horas; claro unha fai rapidamente as súas contas e dáse conta que iso lle supón chegar 2 horas antes da súa hora de citación (como se os doutores non nos fixesen agardar abondo, pero iso xa é outro cantar); claro unha trata de explicarlle á persoa que transmite semellante mensaxe que aí ten que haber algún erro. Sorprendentemente non só é o caso senón que se aventuran a dicir que teñen que recoller a máis xente, claro eu trato de facerlle entender que esa antelacióSon unha muller, veciña de Boiro, na comarca do Barbanza (A Coruña), o meu nome é Mª del Carmen Hermo Torrado, a que desde fai tempo a saúde non acompaña, e por iso son usuaria de cadeira de rodas, e os meus problemas de saúde son múltiples e variados. E por este motivo, a falla de saúde, teño que acudir con frecuencia os distintos especialistas do noso Servizo de Saúde, o SERGAS; e debido a miña boa amiga, a cadeira de rodas, que fai vez das miñas inútiles pernas, convertinme en usuaria habitual do Servizo de Transporte de Ambulancias (Transporte Sanitario Non Urxente) para poder acudir a todas esas citas cos meus médicos/as. O servizo brindoume a posibilidade de facelo, xa que carecemos de autobuses adaptados que me permitisen facelo con axuste á maltreita economía dunha pensionista en terra galega. Este servizo dende logo nunca estivo exento de motivos de queixa e dende logo sempre necesitou moitas e múltiples melloras por parte das empresas que a cargo da Dirección Provincial de A Coruña do Sergas o levaban a cabo. Dende logo con semellante panorama endexamais crin que as cousas puidesen empeorar pero a vida e moi traizoeira e demóstrache sempre que a seguridade en algo é a primeira razón para que iso cambie, e na maioría dos casos a peor.
Fai unha tempada dende o SERGAS decidiron cambiar as empresas que se encargaban do servizo, asumindo este outra empresa; e como unha xa é demasiado desconfiada como para aventurarse a crer nesas promesas de notables melloras que se oían, pero dende logo o que seguiu conseguiu deixarme apampada, algo que dende que tiven que sentar nunha cadeira con rodas, para suplir ás miñas pernas, pensei que non ía voltar a suceder.
A nova empresa encargada pretende conseguir beneficios co servizo que presta, como me parece lóxico a min e a calquera, o que non esperaba era que a súa maneira de conseguilo fose atentar contra a miña dignidade e sobre todo a saúde dos seus usuarios, para que entendan do que falo poñereilles un exemplo do que sucede e vostedes xulgaran se o que digo constitúe un atentado contra a xa mermada saúde dos seus usuarios.
O médico de cabeceira faiche a prescrición do servizo (remíteselle dende o centro de saúde correspondente a través da rede (Internet) á Dirección Provincial do Sergas.
Estes aproban o servizo, e transmítelle os datos oportunos á empresa que finalmente fará dito servizo.
O día anterior a túa cita co correspondente especialista, unha empregada cun ton non demasiado amable nin cortes (quizais ela tamén ten queixas que dar da súa situación laboral) dáche a hora de recollida no teu domicilio; imaxínense a sorpresa se vostede tendo cita para as 10:30 horas da maña en Santiago, lle din que van a pasar a recollela ás 07:30 horas; claro unha fai rapidamente as súas contas e dáse conta que iso lle supón chegar 2 horas antes da súa hora de citación (como se os doutores non nos fixesen agardar abondo, pero iso xa é outro cantar); claro unha trata de explicarlle a persoa que transmite semellante mensaxe que aí ten que haber algún erro. Sorprendentemente non só é o caso senón que se aventuran a dicir que teñen que recoller a máis xente, claro eu trato de facerlle entender que esa antelación é algo non so esaxerado senón inadmisible, e a persoa do outro lado do fío telefónico dime que iso é o que hai, sen amaño ningún.
Vostedes dirán que 2 horas, por un día non pasa nada, que unha e un pouco esixente de máis; pero esta vez no foi a primeira, e a can fraco todo son pulgas, tendo en conta a última vez na que tendo a cita en Santiago as 12:20 e habendo rematado ás 13:49 horas, non tiveron a ben deixarme no meu domicilio ata ás 19:15 horas, boten contas a ver canto sae o tempo esperado. E despois desas máis de catro horas sentada nunha cadeira de rodas (que non é a que habitualmente uso) e dentro do agradable recinto hospitalario paréceme que desta vez tiña que facer algo; e aquí estou tratando de dar a coñecer o que está sucedendo e vou deixar ó aire unhas preguntas, que agardo alguén se sirva responder, porque eu a pesares do rápido que fago contas non fun capaz;
Ø ¿Porque unha empresa así sen respecto ningún polos usuarios nin a súa saúde puido facerse cun servizo destas características?
Ø Acaso trala adxudicación, ¿a nosa sanidade deixou de comprobar o que se facía? ou ¿é que como pacientes enfermos e con dificultades non importamos o suficiente?.
Ø ¿Os nosos políticos non terán a ben ver que os funcionarios fagan algo co que esta a suceder?.
Ø ¿Acaso se eles tivesen que esperar con dor, sen a medicación pertinente e nun lugar coma un hospital farían algo?, pero os que agardamos somos xente maior ou con minusvalías físicas ou enfermidades graves, ¿e por iso non vale nada o noso tempo perdido?, o que nos están a dicir é que non valemos nada nós; e iso é algo que unha cidadán coma min non pode calar porque se a empresa xestora do servizo, os do Sergas ou os políticos responsables non o saben eu teño unhas pernas que non funcionan, pero unha cabeza que aínda si; e o meu tempo e o dos demais usuarios vale tanto coma o de calquera outro e a nosa saúde, xa precaria, precisa de maior respecto e vai sendo hora de que solucionen o problema e lle entreguen o servizo a unha empresa que poida xestionalo con respecto e calidade, a non ser claro que ¿a adxudicación destes servizos obedeza, quizais, a outros fins? é algo non so esaxerado senón inadmisible, e a persoa do outro lado do fío telefónico dime que iso é o que hai, sen amaño ningún.
Vostedes dirán que 2 horas, por un día non pasa nada, que unha e un pouco esixente de máis; pero esta vez no foi a primeira, e a can fraco todo son pulgas, tendo en conta a última vez na que tendo a cita en Santiago as 12:20 e habendo rematado ás 13:49 horas, non tiveron a ben deixarme no meu domicilio ata ás 19:15 horas, voten contas a ver canto sae o tempo esperado. E despois desas máis de catro horas sentada nunha cadeira de rodas (que non é a que habitualmente uso) e dentro do agradable recinto hospitalario paréceme que desta vez tiña que facer algo; e aquí estou tratando de dar a coñecer o que está sucedendo e vou deixar ó aire unhas preguntas, que agardo alguén se sirva responder, porque eu a pesares do rápido que fago contas non fun capaz;
Ø ¿Porque unha empresa así sen respecto ningún polos usuarios nin a súa saúde puido facerse cun servizo destas características?
Ø Acaso trala adxudicación, ¿a nosa sanidade deixou de comprobar o que se facía? ou ¿é que como pacientes enfermos e con dificultades non importamos o suficiente?.
Ø ¿Os nosos políticos non terán a ben ver que os funcionarios fagan algo co que esta a suceder?.
Ø ¿Acaso se eles tivesen que esperar con dor, sen a medicación pertinente e nun lugar coma un hospital farían algo?, pero os que agardamos somos xente maior ou con minusvalías físicas ou enfermidades graves, ¿e por iso non vale nada o noso tempo perdido?, o que nos están a dicir é que non valemos nada nós; e iso é algo que unha cidadán coma min non pode calar porque se a empresa xestora do servizo, os do Sergas ou os políticos responsables non o saben eu teño unhas pernas que non funcionan, pero unha cabeza que aínda si; e o meu tempo e o dos demais usuarios vale tanto coma o de calquera outro e a nosa saúde, xa precaria, precisa de maior respecto e vai sendo hora de que solucionen o problema e lle entreguen o servizo a unha empresa que poida xestionalo con respecto e calidade, a non ser claro que ¿a adxudicación destes servizos obedeza, quizais, a outros fins?