Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Pallasxs en Rebeldía participarán na 10º edición do “Somriure per a Chiapas” a Pineda de Mar (Barcelona)

O programa de actividades desta décima edición do "Somriure per a Chiapas", organizado por "GONG per la defensa dels drets humans i dels pobles" caracterízase por unir actividades específicas para determinados sectores da población con outras para todos os públicos.

Enviada por pallasxsenrebeldia pallasxsenrebeldia o 29/10/2008 17:23

Ademais, os dereitos humanos e a cooperación internacional son outros dos alicerces dunha proposta que procura a igualdade social a través de distintas expresións, coma a artística, a do riso ou a educativa, entre outras. Será en Pineda de Mar (Barcelona) do 29 de outubro ao 9 de novembro.

"Somriure per a Chiapas" é unha actividade sociocultural que se vén desenvolvendo en Pineda de Mar (Maresme, Catalunya) desde fai 10 anos. Trátase dunha actividade de Cooperación Internacional que colabora con diferentes proxectos en varios territorios. O obxectivo é a creación dun espazo para cada un e á vez a creación dun espazo común para todos. Deste xeito, actividades de xogo infantil, conferencias, exposicións e espectáculos, coexisten con actividades de marcado carácter familiar.

Ademais disto, apoiar proxectos de cooperación internacional, realizar actividades que fomenten a igualdade social priorizando valores como a solidariedade e a cooperación internacional, potenciar a participación cívica da cidadanía, ampliar a oferta sociocultural do municipio de Pineda de Mar e Sensibilizar a poboación sobre os dereitos humanos e dos pobos e denunciar a súa violación atópanse tamén entre as prioridades do "Somriure per a Chiapas".

Dentro do programa de actividades podemos diferenciar tres bloques temáticos, Actividades culturais, teatro, arte, música, Actividades educativas e paticipativas e Actividades lúdicas. Así, do 29 doutubro ao 9 de novembro: presentacións, documentais, charlas, clowns, música, mercadiño de intercambio... Toni Albá, Cristhian Atanisiu e Las pestañas, xunto con Os sete magníficos + 1, entre outros participan neste encontro por Chiapas. 10 anos de risas solidarias, 10 anos apoiando aos indíxenas zapatistas, 10 anos de actividades solidarias polos dereitos humanos.

Pallasos en Rebeldía

O colectivo galego Pallasos en rebeldía vai participar activamente nesta programación. Con obxectivos semellantes aos de "Somriure per a Chiapas" no que ao seu posicionamento se refire, esta asociación acudirá á cita representada polo seu director, Iván Prado, e por varios dos seus membros. Ademais, o teatro galego de "Os sete magníficos + 1" acudirá tamén á cita con Chiapas. Será o sábado oito de novembro nunha gala solidaria rodeados de renomeados artistas e o domingo 9 cunha función do seu espectáculo "A saúde é o primeiro".


PROGRAMA


Mércores 29/10: Presentación do Sorriso para Chiapas e do proxecte "Caravanas Solidarias de Pallasos en Rebeldia" coa presenza de representantes municipais e dos membros GONG. 20h Can Comas.

Mércores 29/10: A continuación, charla "A risa activa que transforma o mundo" a cargo de Iván Prado. Can Comas.

Venres 31/10: Presentación da Axenda Latinoamericana e proxección da I parte do documental "l´Escusa". 20h, Biblioteca Pineda Centro.

Mércores 5/11: Proxección dos documentais "Familia 068" Rubén Margalló i Toni Edo i de "Caminado la Risa" 19:30h, Can Comas.

Xoves 6/11: Estrea da obra de monicreques "L"Alba busca la llum" de Fengari monicreques. 18h, Biblioteca de Poblenou.


Venres 7/11: Estrea de l"obra de monicreques "L´Alba busca la llum" de Fengari monicreques. 18h, Biblioteca de Pineda centro.

Venres 7/11: Espectáculo con cargo a Christian Atanasiu "Xograr cono as palabras". 22:30h, Escola Sant Jordi.

Sábado 8/11: Taller de dinámica da risa a cargo de Àngel Sánchez e Ivan Prado. 11h, Escola Sant Jordi.

Sábado 8/11: Gala Solidaria "Risas por un mundo diferente" coa participación do Capitán Muñoz, As Pestanas, o clown Minguelo, Óso sete magnificos mais un, Pedro Brandariz etc. 22:30h, Escola Sant Jordi.

Domingo 9/11: Fireta d"Intercambio. Traedes todo aquilo que xa non usades e poderédelo intercambiar por algunha outra cousa que vos sexa de utilidade. Traedes todo aquilo que queirades pero que estea en bo estado. A partir das 10h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Xogos de enxeño con cargo a Guixot de 8. A partir das 10h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Exposición de Arte Postal "Homenaxe a Joan Brossa". A partir das 10h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Concerto da coral infantil da Escola Municipal de Música. 11h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Actuacións de maxia solidaria, coa participación do Mago Miki, Meigo Isaac, David Chelon e acrobacias con DÁ2. 12h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Actuación de Toni Albà. 13h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Comida solidaria con comida vegetariana e ecolóxica. 14h, Praza das Mèlies.

Domingo 9/11: Espectáculo de teatro cómico "A saúde é o primeiro" con cargo á compañía galega Os sete magníficos mais un. 18h, Can Coma


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: