Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Unha asociación pola defensa dos dereitos humanos de Arxentina pide a reapertura das causas xudiciais por corrupción económica no tempo da ditadura militar.

  Grandes bancos e empresas do primeiro nivel foron beneficiadas cós prestamos do estado.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 20/10/2008 21:22

  A asociacións da defensa dos dereitos humanos de Arxentina chamada comisión de Campo de Maio  pediu a reapertura da causa xudicial de abril do ano 1982, polos escuros feitos de corrupción económica e ilexitimo endeudamento no salvamento ós bancos, empresas locais e estranxeiras de primeira orde, na longa e negra noite da ditadura militar que asoballou á Arxentina dende o 24 de marzo do ano 1976 até o 10 de decembro do ano 1983.
Coa escusa de acudir ó salvamento económico das empresas funcionarios do goberno ilexitimo argallaron un mecanismo de fraude, que consistía na utilización dos diñeiros públicos no auxilio dunha empresa que non os necesitaba, estés capitais logo invertianse nos mercados especulativos no país e o estranxeiro á altos tipos de interese, dende a maioria deles xamais voltaron ó país.
  Explica o investigador Alexandro Olmos Gaona, fillo do primeiro denunciante no ano 1982, cás empresas denunciadas utilizaron tamén a facilidade que lles deu o goberno para fraguar ilícitos e autoprestamos de diversa natureza os empresarios do país e o estranxeiro gañaron milleiros de cartos ás costas do pobo arxentino salientou e calificou a defraudación de "delito de lesa humanidad"
As asociacións denunciantes destacan a participación das altas autoridades da ditadura, dende o ministerio de economía e o banco central que non podían descoñecer os feitos das devanditas manobras ilícitas. O terrorismo de estado, o secuestro e a desaparición forzada das persoas co fin entre outros de impor ó seu modelo económico fai necesario ca sociedade saiba que se fixo co seu diñeiro, coma achegase á debeda ilexitima e coma esta reflicte na actualidade nos altos índices de indixencia, depauperamento e falla da asistencia á saúde que padece hoxe a poboación. Pola outra banda piden ó Congreso a declaración da ilegalidade da débeda e determinanse a responsabilidade na instrumentación dunha política vulgar e agravante que benficiou e sostivo á empresas y negocios privados, dementras poñia de xeonllos ó país.
   O exercito non é un cárcere.
A asociación das avóas da praza de maio pediu que o ditador Jorge Rafael Videla sexa levado nun cárcere corrente fora da inxerencia das autoridades militares e dos privilexios da súa condición de ex militar.
Asemade que un xuíz federal decidise o venres 11 de outubro o traslado dende á súa vivenda ó cárcere militar de "Campo de Maio" a asociación bota ás súas queixas polo trato privilexiado que recibe no cárcere, e din que o acusado da desaparición forzada de milleiros de persoas e principal responsábel do golpe militar do ano 1976, que impuxo o terrorismo do estado, non debería estar nun cárcere que foi centro dos detidos clandestinos noutras épocas, e non teñe as garantías da seguridade pola posiblidade da fuxida do detido.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: