Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIGACIÓN

A interminábel vaga de sinistros no mar chega ao Parlamento

Redacción - 14:19 15/01/2008
Tags: accidente mar

A sucesión de accidentes laborais no mar están a erguer unha fonda preocupación social. O último naufraxio fonte ao Cabo Prior fixo que este mesmo martes o BNG presentase unha iniciativa no Parlamento solicitando a comparecencia da conselleira Carme Gallego e dos representantes sindicais. O deputado nacionalista Bieito Lobeira sinalou que o está a suceder é sumamente grave e cómpre tomar medidas reais canto antes para atallar esta sinistralidade. Os nacionalistas tamén esixen que se abra unha investigación para determinar como se activaron os medios de rescate neste último accidente.

Segundo afirmou o propio Lobeira a Vieiros, “aquí hai unha inadaptación brutal da seguridade ás peculiaridades galegas”. O deputado lembrou que a maior parte das competencias dependen de Madrid. Entre as numerosas deficiencias subliñou a falta de inspectores ou o incumprimento sistemático de normativas.

Dende 1999 existe un decreto que regula as saídas ao mar en caso de temporal, para garantir a seguridade dos traballadores. Os barcos reciben as predicións metereolóxicas con 72 horas de antelación. Porén, ademais do Cordero había outros barcos na zona a pesar das malas condicións para faenar. A respecto disto, Lobeira afirma que “nunca vin unha actuación da fiscalía para cortar estas saídas”.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: