Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xa foron rescatadas con vida tres persoas

Cinco mariñeiros desaparecidos nun naufraxio fronte ao Cabo Prior

O pesqueiro 'Cordero', con base en Ribeira, afundiu a 20 millas do Cabo Prior. Nel viaxaban 8 tripulantes. Xa foron rescatados con vida dous mariñeiros e o patrón.

Redacción - 09:25 15/01/2008

Os efectivos do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra andan a buscar a cinco mariñeiros do arrastreiro Cordero, que esta madrugada naufragaba a 20 millas do Cabo Prior. Nel ían oito persoas, mais tres delas (dous mariñeiros e o patrón) xa foron rescatados con vida, aínda que en estado de hipotermia.

O naufraxio produciuse no medio do forte temporal que está a zoupar as costas galegas, que producía esta madrugada ondas de entre seis e sete metros de altura.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: