Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: igualdade

21/Xullo/2010 /

Despois de suprimir as oficinas comarcais, Igualdade prioriza as subvencións a concellos

A Xunta retoma a política da época Fraga deixando todo o peso das políticas nos Centros de Información á Muller, controlados polos gobernos locais.


16/Xullo/2010 /

A Xunta converte “Mulleres en Galicia” na súa páxina de referencia en materia de igualdade

O Goberno prescinde do proxecto Memoria de Muller, dirixido a mulleres maiores de 50 anos que se achegaban ás novas tecnoloxías.


2/Xuño/2010 /

Igualdade pide que se retire un cartel sindical que “atenta contra a dignidade das mulleres”

O departamento da Xunta critica a CSIF, CC.OO e UXT por utilizar a imaxe dunha boneca cunha tesoura espetada.


9/Abril/2010 /

Os socialistas de Pontevedra buscan novas afiliadas

Poñen en marcha unha campaña co obxectivo de que se sumen ao partido medio millar de mulleres.


A Secretaría Xeral de Igualdade organiza cursos de defensa persoal para mulleres vítimas da violencia doméstica
1/Abril/2010 /

A Secretaría Xeral de Igualdade organiza cursos de defensa persoal para mulleres vítimas da violencia doméstica

En total serán oito, de 12 horas cada un, na Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Ourense, impartidos pola Policía Nacional.


5/Marzo/2010 /

A Xunta retruca que se trata de acusacións "mezquinas e mentireiras"

A secretaría de Igualdade xustifica a reorganización da estrutura herdada do bipartito e di que o SGI "duplicaba funcións e gastos".


5/Marzo/2010 /

O BNG tamén censura o retroceso nas políticas de Igualdade

A deputada nacionalista Ana Pontón censura o anteproxecto de lei que suprime o Servizo Galego de Igualdade.


5/Marzo/2010 /

Denuncia polo "letargo" da Xunta en materia de Igualdade

A deputada socialista Silvia Fraga cualifica de "revisionista" o roteiro da Xunta nesta materia e di que en políticas sociais Feijoo está "máis á dereita ca Manuel Fraga".


19/Xaneiro/2010 /

“Estamos cansas de tanta manipulación, mais non vencidas”

Cunha nova folga, as traballadoras do Consorcio exixen a aplicación do convenio negociado en marzo e desmenten que perciban elevados salarios.


18/Xaneiro/2010 /

Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar volven á rúa para reclamar a aplicación do convenio

A CIG convoca este martes unha nova folga xeral na que tamén se exixe a readmisión de 61 compañeiros das oficinas de I+B.


12/Xaneiro/2010 /

A Xunta adica catro millóns á privatización dos centros de día

O BNG denuncia que no capítulo de investimentos a dotación é de 0 euros, mentres que se favorece a xestión privada de centros, residencias e escolas infantís.


3/Decembro/2009 /

Os traballadores do Consorcio volven á rúa

Delegados da CIG maniféstanse para denunciar a privatización do servizo público, amáis do desmantelamento das oficinas de I+B e o despedimento dos seus traballadores.


25/Novembro/2009 /

Cruce de acusacións entre PP e BNG a conto das políticas contra violencia de xénero

O PP di que o BNG rexeitou votar a prol da axilización das medidas incluídas na lei contra a violencia de xénero. O Bloque denuncia que "o revanchismo do goberno do PP" destrúe iniciativas en favor da igualdade.


25/Novembro/2009 /

Escaseza de recursos e melloras pendentes na atención á igualdade

Administracións, sindicatos, partidos, e colectivos sociais subliñan propostas e prioridades aproveitando este mércores o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.


24/Novembro/2009 /

UXT reclama "reforzo de dereitos" e esforzo para a educación en materia de igualdade

O lema do sindicato para esta xornada: "Combater a violencia contra as mulleres para avanzar cara a unha sociedade máis democrática e igualitaria".


24/Novembro/2009 /

Traballadores do Consorcio maniféstanse contra o desmantelamento das oficinas I+B

Protestan polo despedimento de 61 persoas e piden que a Xunta rectifique esta decisión.


24/Novembro/2009 /

Milleiros de cativos sen obradoiros de Igualdade e cartos a valados e xornais

A Xunta subliña que aposta "na educación das xeracións futuras", malia que o desmantelamento das oficinas I+B deixa ducias de colexios sen aulas de igualdade.


8/Novembro/2009 /

Protesta contra o desmantelamento da rede de Igualdade e Benestar

A compostelá praza do Toural foi escenario dunha concentración contra as manobras do executivo para desmontar os centros de I+B.


29/Setembro/2009 /

A CRTVG precisará tres millóns de euros máis de orzamento

O director xeral da compañía espera, así, compensar a caída de ingresos publicitarios, que conta con que se agrave en 2010.


Andrea, checa e diplomada en Turismo, tamén exerce a prostitución
21/Setembro/2009 /

A crúa realidade das "mulleres de vida alegre"

Santiago acolle unha exposición que denuncia a situación de violencia e escravitude á que se ven expostas as mulleres prostituídas.