Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A rúa número 1

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A rúa número 1

A rúa número 1

Un lector ferrolán, Francisco Maceira Rodríguez, envíanos unha carta na que critica as prebendas que teñen algúns altos oficiais do exército.

Enviada por redaccion redaccion o 29/01/2010 12:00

Por consello do meu traumatólogo acudo a miudo a nadar a unha piscina militar situada no meu barrio. Alí todos fan os seus exercicios con normalidade ata que aparece algún capitán de navío ou coronel, pois teñen reservada para eles a rúa número 1. Cando alguén desta graduación fai acto de presenza o socorrista coloca un cono vermello no vértice da piscina e todo o mundo debe abandonar a citada rúa coma se realmente un grande escualo se fose a somerxer nela. Parece un esperpéntico tráiler da longametraxe "Tiburón".

Cando hai anos, buques de guerra españois atracaban na ex-colonia española de Guinea daban a bordo unhas curiosas instruccións.Por exemplo que ó cruzarnos en terra cunha persoa de cor debiamos observar e esixir que esta se afastara  da nosa traxectoria deixándonos o paso franco ós brancos, ós españois, ós colonizadores...

Esperemos que a Lei de Dereitos e Deberes que actualmente están a cociñar no Ministerio de Defensa - impulsada en gran parte pola AUME- poña un pouco de orde no estamento. Que se equilibren as balanzas dos que toda a súa vida gozaron dos seus dereitos esquencendo os seus deberes e os que cumpren co seu deber sen apenas saborear os seus dereitos. Que aberracións como as aquí descritas queden para o recordo, para o anecdotario... E para vergonza de todos aqueles que cren que as súas vidas teñen preferencia sobre as dos demais xa sexa na rúa dunha piscina ou noutra de Guinea Ecuatorial.

 Francisco Maceira Rodríguez (Ferrol)


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: