Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Concentración en contra da tortura

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Concentración en contra da tortura

Concentración en contra da tortura

Amnistía Internacional convoca para este xoves 31 de maio un acto simbólico diante do consulado dos Estados Unidos. Ás 20h no Cantón Grande da Coruña.

Enviada por redaccion redaccion o 30/05/2007 13:28

Co gallo da visita de Condoleezza Rice a España o vindeiro 1 de xuño, Amnistía Internacional levará a cabo un acto simbólico diante do Consulado dos EE.UU, para denunciar a Guerra en contra do terror liderada por este país dende os atentados do 11 de setembro de 2001.

Isto supuxo a xustificación de medidas que violan os dereitos humanos. Detencións indefinidas sen cargos nin xuízo, detencións incomunicadas, técnicas de interrogatorio consideradas tortura, tratos crueis, inhumanos ou degradantes, desaparicións forzadas e execucións extraxudiciais. Case que seis anos despois, estas prácticas seguen a levarse a cabo en numerosos países do mundo.

A.I. simbolizará os abusos da politica antiterrorista de EE.UU. cun avión que levarán Presos de Guantánamo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: