Será o vindeiro sábado 8 de marzo no restaurante o Dezaseis de Compostela. Están convidadas todas as persoas que asinaron o manifesto da plataforma, mais tamén está aberta a toda a xente que queira asistir.
O vindeiro sábado 8 de marzo está previsto que se celebre unha cea aberta a toda a xente que asinou o manifesto da Plataforma Cidadá Que Voltem a Casa! (unhas 300 persoas), ademais de toda a xente que queira asistir.
Trátase de facer unha posta común do funcionamento da plataforma e de estudar as diferentes maneiras de recadar fondos cos que axudar, entre outros asuntos, ao financiamento das visitas ás e aos presos galegos.
A cea será no restaurante compostelán O Dezaseis, cun menú de 15 euros. Se estades interesados en asistir, hai un número de teléfono para confirmalo: 981 890 069.