Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Incompetencia ou prevaricación?

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Incompetencia ou prevaricación?

Incompetencia ou prevaricación?

A pé de redacción dúas das persoas que participaron na recente oposición pública de auxiliar de fogar déixannos por escrito esta reflexión.

Enviada por redaccion redaccion o 30/08/2007 17:31

"Despois de esperar mais dun ano pola convocatoria das oposicións de persoal laboral (oferta de emprego público do 2005), o 21 de xullo do 2007 celébrase o primeiro exercicio do exame de auxiliar do fogar ( grupo IV de persoal laboral ). A ese exame presentáronse aproximadamente unhas 1600 persoas. Despois do exame houbo que esperar máis dun mes para coñecer a nota de corte e descubrir que so 230 persoas realizarían o segundo exercicio.

É dicir, que só aprobou un 14℅ das persoas que se presentaron cando noutras categorías os porcentaxe de aprobados do primeiro exercicio, entre outro, son os seguintes; ATS 72℅ de aprobados, Capataz de obra 88℅, Aux. de clínica 60%, Limpadora 43%, Axudante de taller 50 %, Axudante de albanel 48%, Peón laboral 39%, Aux. de arquivos 48%...

É dicir que en todos os procesos selectivos de Persoal Laboral realizado ate o de agora ( agás neste ) o número de aprobados non baixo do 25%. Tampouco entendo de onde sacaron os membros do tribunal e si están cualificado para esta tarefa pois o exame estaba mal confeccionado e moitas das preguntas son claramente impugnables ou deron por válidas respostas erróneas o que da que pensar que este tribunal está mal documentado e que aceptaron formar parte deste proceso por intereses económicos pois non quero pensar que estas persoas queren favorecer a algunhas persoas ou grupos, pois de ser así estariamos falando de clara prevaricación.

Pasaron dous anos dende que cambiamos de goberno e seguense a repetir os mesmos erros da era do PP pero agora parece que empeorados. Goberne quen goberne séguense a producir irregularidades por non dicir autenticas chapuzas, se antes nos procesos selectivos a consigna era poñer notas de corte baixas para que tódolos interinos puideran aprobar, agora non se sabe a que xoga algún tribunal nin a quen quere favorecer ou se simplemente estamos a falar de incompetencia. Mentres os sindicatos calados e algún tribunal facendo cartiños no verán, por un traballo mal realizado, sen que ninguén lle pida responsabilidades nin resultados..."


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: