Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Gomar fixo 17º na proba masculina

Aida Valiño, entre as mellores do triatlón de elite europeo

A triatleta luguesa foi quinta na Copa de Europa de Karlovy Vary (República Checa). É o seu mellor resultado a nivel internacional.

Redacción - 10:30 12/08/2008
Valiño en competición, co equipamento do Cidade de Lugo Fluvial

Valiño en competición, co equipamento do Cidade de Lugo Fluvial

A triatleta galega Aida Valiño clasificouse, este domingo, na quinta posición na Copa de Europa de Triatlón de Karlovy Vary, na República Checa. Este foi o mellor resultado da luguesa a nivel internacional, dende que compite na elite.

Valiño era a única representante do equipo estatal, e fixo todo o percorrido da proba en 2 horas, 8 minutos e 29 segundos. A vencedora foi a danesa Helle Frederiksen, seguida da ucraína Olesya Prystayko, segunda, e da checa Jana Jirouska, terceira.

Na categoría masculina, o vencedor foi o francés Sylyain Dodet, que se impuxo, por 14 segundos, ao ruso Artem Parienko, segundo clasificado, e por 47 segundos ao alemán Mathias Zoell, terceiro clasificado. Jesús Gomar, (compañeiro de equipo de Valiño e membro da selección galega de triatlón) terminou no posto 17º.

Clasificación feminina
1. Helle Frederiksen (DEN) 2.05:54
2. Olesya Prystayko (UKR) 2.06:42
3. Jana Jirouskova (CZE) 2.06:51
4. Camille Cierpik (FRA) 2.07:15
5. Aida Valiño (GZ) 2.08:29
6. Annie Gustavsson (SWE) 2.08:55
7. Lydia Waldmüller (AUT) 2.09:31
8. Paulina Kotfica (POL) 2.09:53
9. Eva Janssen (NED) 2.11:12
10. Hana Kolarova (CZE) 2.14:20

Clasificación masculina

1. Sylyain Dodet (FRA) 1:49:22
2. Artem Parienko (RUS) 1:49:36
3. Mathias Zoell (GER) 1:50:09
4. Martin Krnayek (CZE) 1:50:34
5. Dan Alterman (ISR) 1:50:47
6. Aurélien Lescure (FRA) 1:50:53
7. Marc-Iwan De Kaenel (SUI) 1:50:53
8. Martin Pejsar (CZE) 1:51:00
9. Ran Alterman (ISR) 1:51:35
10. Richard Varga (SVK) 1:51:50
17. Jesús Gomar (GZ) 1:52:45
35. Rafael Madrid (ESP) 1:56:34


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: