Co de Lalín terminou a tempada que deixou á luguesa en primeiro lugar, seguida de Margarita Pérez Bardanca. En mozos gañou Borja Conde, seguido de Jesús Gomar.
Coa disputa, este domingo, do 'II Duatlón do Cocido de Lalín' terminou a tempada galega 2008. Os campións: en mulleres Aida Valiño (Cidade de Lugo Club Fluvial), seguida de Margarita Pérez Bardanca (Anigasa Chanpion Chip Muralla); e en homes Borja Conde (Club Atletismo Porriño), seguido de Jesús Gomar (Cidade de Lugo Club Fluvial).
Por equipos, o Cidade de Lugo Club Fluvial resultou campión galego tanto en mulleres como en homes.
Ademais, Aida Valiño está convocada para participar na proba da Copa do Mundo de Richards Bay (Sudáfrica), a quinta proba que se ha desenvolver o domingo que vén, 4 de maio.
O Fluvial triunfa tamén en Elxe
O domingo tamén se desenvolveu, mais desta volta en Elxe, o Campionato Estatal de Triatlón de Longa Distancia (con 4 quilómetros de natación, 120 de ciclismo e 30 de carreira a pé), onde destacou a actuación, máis unha vez, do Cidade de Lugo Club Fluvial, que conseguiu o subcampeonato por equipos, sumados os puntos de Agnes Kay Eppers (que entrou 4ª), Noelia Mora Simón (9ª), e da Veterana Belén Lemat (17ª); que só foron superadas polas triatletas do Natación Reus.
O equipo masculino non pasou do sexto posto, pero ao non puntuar os deportistas do Reus, o resultado final serviulle ao Fluvial para remontar posicións e situarse de novo en primeiro lugar na listaxe de mellores equipos do Estado.