Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Coordinadora de Crentes Galegos

Colectivos cristiáns critican a beatificación dos 498 'Mártires da Guerra Civil'

Consideran que é "inoportuna", dado que "a Igrexa non pediu perdón polo acontecido", e quéixanse de que a xerarquía eclesiástica "se preste á politización".

Redacción - 13:51 22/10/2007

A Coordinadora de Crentes Galegos -que representa máis de vinte asociacións do país, así como un importante número de persoas que participan a título individual- fixo publico un manifesto crítico en relación cos chamados Mártires da Guerra Civil, 498 persoas asasinadas no bando republicano por motivos relixiosos que van ser beatificadas pola Igrexa Católica o vindeiro 28 de outubro.

"Dende a máis profunda admiración polas vidas e sobre todo polas circunstancias das súas mortes, cremos que, dado que a Igrexa non pediu perdón polo acontecido, esta beatificación é inoportuna", afirman no comunicado, no que tamén critican que a xerarquía católica sexa "incapaz de superar posicións de hai setenta anos" e que se "preste á politización".

"Hoxe xa non se trata de buscar culpábeis, mais tampouco se trata dun ambiguo relativismo histórico. Trátase de que todas as partes recoñezan a súa parte de culpa, e en primeiro lugar nós, os cristiáns, recoñecer e pedir perdón pola posición belixerante que a maior parte da Xerarquía eclesiástica tivo", din.

Poden consultar o manifesto completo no documento adxunto.


Documentos

4,85/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: