Vieiros

Vieiros de meu Perfil


SONETO (A UN GILIPOLLAS) A XEITO DE ADIVIÑA

O máis chulo do barrio me proclamo
porque nunca na lingua tiven pelos,
se pensas que parezo un pouco lelo
axiña saberás cómo me chamo.

Nunca escribo en contra do que amo
por iso só respecto o meu cabelo,
falar ben dos demais non sei facelo:
destilo máis veleno do que mamo.

No que digo Verdade non ten parte
pero ti poderás recoñecerte
se na Merda che gusta envorcallarte,

se o único que queres é quererte.
A progresía-facha é a miña arte.
¿Que quen coño son eu? Hostia, ¡Reverte!

Enviada por frumario frumario o 26/02/2010 19:17

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: