Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Logo Nación non é igual a Nacionalidade Histórica? O cinismo español...

A Constitución Española establece que España é unha nación indivisíbel, mais noutro artigo se comenta que España ten rexións e nacionalidades. Naquel momento as nacionalidades eramos a Galiza, Euskadi, e mais a Cataluña, hoxe mesmo Valencia e Andalucía sumáronse ao carro para diluír o noso carácter.

Mais engadiuse un cualificativo cando menos curioso, Nacionalidade "histórica", a explicación para iste termo foi a seguinte: Que o territorio en cuestión aprobara un estatuto de autonomía na II segunda República, é dicir Cataluña, Euskadi, e xa ao final nós.

Imos empregar o "sacrosanto" dicionario da RAE para ver que significa nacionalidade histórica:

1. f. Condición y carácter peculiar de los pueblos y habitantes de una nación.

2. f. Estado propio de la persona nacida o naturalizada en una nación.

3. f. Esp. Comunidad autónoma a la que, en su Estatuto, se le reconoce una especial identidad histórica y cultural.

4. f. Esp. Denominación oficial de algunas comunidades autónomas españolas.

Os artigos 3 e 4 son un cúmulo de contradicións ou cando menos son unhas explicacións bastante interesadas, mais lembremos ca RAE soamente recomenda a utilización das Formas "Orense" e "La Coruña", por tanto, desprezando a legalidade ao mesmo tempo que non recoñece no seu diccionario os topónimos galegos.

Mais dacordo, "aceptemos barco como animal acuático", digamos que a definición é correcta; Aínda así Nacionalidade non ven de Nación? Iste é o fracaso da España, non quere ser un estado plurinacional coma o Reino Unido, e iso quere dicir que ou acaban con nós, ou algo haberá que facer.

Pode que este país galego desprece demasiado o que é de seu, que a meirande parte dos galegos teñan un nacionalismo gastronómico namentres desprezan o resto, pero ise non é o caso de Cataluña e agoiro que terán moitos problemas de ir contra o Estatut.

Estaría ben que Galiza, por unha vez en cinco séculos, se sumara a Cataluña para defendermos xuntos os nosos países, mais o país optou polo retroceso unha vez mais e mete medo que haxa xente dentro do nacionalismo de esquerdas que louve a Baltar como redentor perante a Feijoo, xa que con mover un dedo pode sacalo da Xunta.

A única explicación que lle vexo ten que ser porque a pesares de ser un ser tan trampulleiro polo menos é parte da nosa paisaxe, hai poucas cousas tan galegas coma un cacique.

Enviada por Supertamarico Supertamarico o 04/01/2010 17:35

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: