Vieiros

Vieiros de meu Perfil


máis escravitude: premian aos médicos que non dean baixas por enfermidade

Os médicos poderían cobrar ata 1.754 euros extras por restrinxir as baixas laborais dos traballadores
O obxectivo é "conseguir a redución dos tempos medios de duración" das baixas, porque o INSS gasta entre 6.000 e 7.000 millóns de euros anuais no "uso indebido" delas.

A Seguridade Social incentivará cada mes aos médicos de atención primaria, inspectores médicos e persoal administrativo que non concedan baixas laborais.
Esta medida púxose en marcha a través de convenios colectivos coas comunidades autónomas, aos que entregará as cantidades destinadas a "premiar" aos médicos que dan as baixas. Segundo o convenio

específico asinado con Madrid o obxectivo é "conseguir a redución dos tempos medios de duración" das baixas, porque o INSS gasta entre 6.000 e 7.000 millóns de euros anuais no "uso indebido" delas.

Ata agora asináronse con Estremadura, Andalucía, A Rioxa, Galiza, Asturias, Baleares, Canarias, Valencia, Madrid e Cataluña. Os servizos de saúde autonómicos controlarán que medicos cumpriron mellor os obxectivos (é dicir, dar menos baixas) e xa que logo, que cantidade económica lles corresponde a xeito de incentivo. Este programa de redución de baixas céntrase en 14 patoloxías concretas: trastornos depresivos e neuróticos, tendinite, escordaduras, torceduras, problemas de costas...
A Comunidade de Madrid comezará a pagar o incentivo aos seus médicos de familia na nómina de decembro. Estes profesionais cobrarán en función da súa porcentaxe de cumprimento: se é do 100%, a cantidade chega aos 1.754 euros. Se é do 75%, 1.315 euros. Do 60%, 1.051 euros...E,
evidentemente non cobrarán nada se non reducen os días de baixa. O cálculo faise, segundo fontes sanitarias, centro de saúde a centro de saúde. Este 100% determinarase polo médico que máis reduza os seus días de baixa concedidos, a partir do cal determinarase a porcentaxe do resto dos seus compañeiros.

Enviada por manolo1917 manolo1917 o 25/12/2009 20:22

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: