Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CCOOnéctate á formación

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de CCOOnéctate á formación

CCOOnéctate á formación

Comisións Obreiras (CCOO) organiza o mércores 20 de xuño no Hotel Puerta del Camino (Santiago de Compostela) unha xornada sobre o novo modelo de formación para o emprego e a cualificación das traballadoras e dos traballadores en Galicia. Baixo o título 'CCOOnéctate á formación', diferentes especialistas en formación para o emprego reuniranse para abordar materias de tanto interese como a oferta formativa ou o papel dos axentes sociais e da Administración ante a aplicación no noso país do novo modelo.

Enviada por SN_CCOO SN_CCOO o 19/06/2007 12:28

'CCOOnéctate' é un proxecto de difusión da Confederación Sindical de CCOO cuxo obxectivo principal é difundir entre as traballadoras e os traballadores -especialmente das PEMEs-as posibilidades de acceso á formación profesional continuada e aos cambios que se van producir co novo modelo de formación para o emprego.

Este novo modelo avanza na integración da tradicional formación ocupacional para desempregados e da formación continuada para activos nun único sistema de formación que se chama 'para o emprego' ou 'permanente'. Boa parte desta formación debe desenvolverse no marco do Sistema Nacional de Cualificacións, que establece sistemas de acreditación da competencia dos traballadores.

Comisións Obreiras aposta polo novo modelo, como xa apostara polo anterior sistema, e comprométese a dar en todos os seus plans unha porcentaxe crecente de formación que poida ser, no futuro, acreditable como unidades de competencia.

Participantes


No acto inaugural da xornada intervirán o secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Xan María Castro Paz, e o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca Díaz. No evento tamén participarán Gregorio Marchán Redondo (secretario confederal de Formación), Gema Torres Sastre (da Secretaría Confederal de Formación), Marisa Mallo Fernández (directora de INCUAL Galicia), José Domingo Barros Montáns (secretario de Formación e Emprego de UGT-Galicia), Francisco Javier Montero Dongil (secretario de Formación), Luís 'Koldo' Madariaga (director de FOREM Galicia) e un representante da Confederación de Empresarios de Galicia.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: