Coido que a reacción contra o galego empeza a se decatar de que traspasaron unha liña prohibida, e está a recuar.
Coido que a reacción contra o galego empeza a se decatar de que traspasaron unha liña prohibida, e está a recuar; a semana pasada o xefe territorial da consellaría do Medio Rural da Coruña (militante do PP, pero bo rapaz e con sentido institucional), enviou a todo o persoal unha nota interior na que lembraba toda a normativa lingüística, concluíndo que o galego é a principal na Xunta, tanto na escrita coma na fala, sobre todo cara o público; escaneina pra a facer pública, e mesmo llela enviar aos de Galicia Bífida, para que se laien da traizón de Feixó. Espero que lle dean publicidade, xa que logo un sinxelo funcionario coma min pouco pode facer.