Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Mesa redonda: Sen pelos na lingua. A impostura da imposición

Interveñen:

Luís Villares Naveira, Xuíz de Instrución do Partido Xudicial da Fonsagrada
Brais de Estevan Bassave, profesor de ensino medio
Rafael Villar González, escritor e técnico de normalización lingüística da CIG

Xoves 29 de outubro ás 20:00 no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia en Lugo (Pza. de Santa María, s/n)

Enviada por culturadopais culturadopais o 26/10/2009 14:20

A asociación cultural lucense Cultura do País organiza para este xoves  29 de outubro unha sesión na que se exporá, a través de tres exemplos da vida cotiá en tres eidos destacados da nosa sociedade, como é o caso do mundo xurídico, o ensino e mailo mundo do traballo, a situación de desigualdade e inferioridade de dereitos e acceso a recursos lingüísticos das persoas galegofalantes. Téntase, pois, combater con datos reais os discursos que se espallaron nos últimos anos que  pretenden, por medio de mentiras, dar a imaxe de que existe unha imposición do galego sobre as persoas que non son galegofalantes. Procúrase, asemade, que esta xuntanza sirva para termos un coloquio arredor da situación actual da lingua galega ante as agresións que está a sofrer.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mesa redonda: Sen pelos na lingua. A impostura da imposición