Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Recibimento festivo a Bernardo Bastida

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Recibimento festivo a Bernardo Bastida

Recibimento festivo a Bernardo Bastida

Así recibiron os veciños o Patrón Maior da Confraría De pescadores de Ferrol, despois de que saíse do cárcere, en liberdade sen fianza.

Enviada por mcendan mcendan o 16/06/2007 01:06

"Sigo estando en contra da planta de gas en onde está situada", foron as palabras máis aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confraría de pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ateigando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.Ás 17:20 da tarde do venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, incluso con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delicto de desobediencia á autoridade, sen que se teña en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da Xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas a partir desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisquera, polas probas que iniciou a raíz da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.
A Xuíza do Xulgado nº 6, en realidade dera de prazo ata o luns ás 15:00 ao avogado de Reganosa para que presentase por escrito as súas alegacións, despois de que o xoves 14 de xuño o Fiscal presentase un informe no que se adhería ao recurso de reforma presentado polo avogado Victor López Casal que defendeu a Bernardo Bastida a partir do día 29 en que foi detido no peirao de Ferrol tras desembarcar dunha lancha, cando regresaba da operación de bloqueo do metanero Mourad Didouche cargado de 110.000 m3 de GNL para Reganosa.

Toda a mañá deste venres existiu a preocupación de que o avogado de Reganosa esgotase o prazo que a Xuíz lle dera ata o luns ás 15:00, co cal Bernardo Bastida non podería saír hoxe do cárcere de Teixeiro e o recebimendo habería que atrasalo ata o luns.

A noticia positiva coñeceuse o venres sobre as 14,30 horas, cando coñeceuse que a Xuíz do Xulgado nº 6 asinara o auto de liberdade sen fianza para o Patrón Maior da Confraría de Ferrol e que xa comunicárao por fax ao Cárcere de Teixeiro, despois de que o avogado de Reganosa, sobre as 14 horas, presentase un escrito adheríndose ao informe do Fiscal.

As primeiras palabras de Bastida na Lonxa de Ferrol foron para constatar que recibira a solidariedade doutros compañeiros do cárcere e así mesmo un trato exquisito e excelente, que entende foi polo apoio que recibiu do pobo de Ferrol e dos traballadores do mar, da Ría de Ferrol e doutras de Galicia. Especialmente deu as grazas á persoa que substituíulle estes días como voceiro da Confraría. Bastida cree que estivo secuestrado porque non había ningún motivo para telo no cárcere, pois non cometeu ningún delito de desobediencia nin de desacato á autoridade, dos que lle acusan.

Así mesmo, que antes da entrada do primeiro gasero, é dicir, antes do 9 de maio, desde a Confraría enviáronse faxes ao Presidente da Xunta e ao Delegado do Goberno para dialogar e non lles fixeron caso. Así mesmo, Bastida reclamou “os mesmos dereitos que teñen outros sectores para resolver as súas reivindicacións” con negociacións e conflitos, polo que denuncia na Administración queren converter aos traballadores do mar no único sector sen dereito a reivindicar como fanno os sindicados para outros sectores.
Logo Bastida lembrou que “todos sabemos que os traballadores neste país máis tarde ou máis cedo vénse obrigados a mobilizarse”, engadindo que non vai negociar con quen estalle denunciando, en referencia á Autoridade Portuaria, a Reganosa, ou a quen sexa, e que esa é a primeira reivindicación que poñerán enriba da mesa. Finalizando con estas palabras “estamos como sempre abertos ao diálogo e á negociación, sen condicións, nin pola nosa parte nin pola deles, nada máis e moitas grazas”.

Máis información en http://cociudem.wordpress.com


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría De pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza