Vieiros

Vieiros de meu Perfil


vaia semaniña

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de vaia semaniña

vaia semaniña

vaia semaniña que lle demos á nosa lingua, no  si? galicia bilingüe e máis o negreira que queren recuperar La Coruña, o PP de vigo que di que o castelán non é lingua oficial en vigo e a consellería que agora fai anuncios en castelán. só falta que pilar farjas, na súa ponencia na semana de teoloxía da coruña botara merda encima da nosa lingua!

Enviada por danielovalle88 danielovalle88 o 05/09/2009 12:42

comezamos ben, non si?
refírome á semana que a sociedade galega lle "regalou á súa lingua".
a consellaría de educación anuncia as axudas aos lirbos de texto en castelán, dentro de espazos radiofónicos de información sobre galiza e en galego.
carlos negreira, cabeza visíbil do PP provincial da coruña xulga que a desnormalización lingüística vai lenta de mais. reclama readmisión do topónimo La Coruña (diría nunca tal se viu de non térmolo precedente do ilmo. embaixador de españa na santa sé) e máis a reforma da Lei de Normalización Lingüística.
o PP de vigo reclama que se poidan presentar iniciativas parlamentarias en castelán no consistorio proque e que por tanto as linguas oficiais do concello sexan castelán e galego. vaia, vaia; pensa un; resulta que a lingua oficial de vigo era só o galego. en que universidade fixeron esta xente o seu master de manipulación da cidadanía??
se así foi a primeira semana de curso para o galego non quero nin pensar no que está por vir. se cadra o pasado 17 de maio de 2009 foi o derradeiro día das letras galegas. se cadra este 25 de xullo foi o derradeiro Día de Galicia.

http://paragoxe.wordpress.com/


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: