Vieiros

Vieiros de meu Perfil


José María Fidalgo vai impartir unha conferencia en Vilagarcía de Arousa no Foro Socioeconómico Iniciativa 3

O secretario confederal de CCOO, José María Fidalgo, vai participar o vindeiro xoves 14 de xuño nun encontro que promove o Foro Socioeconómico de Arousa 'Iniciativa 3', en Vilagarcía. A intervención de Fidalgo será ás 20:30, cunha conferencia titulada «Diálogo social e progreso».

Enviada por SN_CCOO SN_CCOO o 12/06/2007 08:36

O obxectivo deste foro é xuntar esforzos para conseguir un maior desenvolvemento e crecemento socioeconómico na comarca arousá, servindo como instrumento dinamizador da actividade empresarial, así como de espazo de debate e divulgación.

O secretario confederal aproveitará a súa presenza en Vilagarcía para coñecer de preto a realidade empresarial e sindical da comarca, e convida os medios de comunicación para unha rolda de prensa que terá lugar ás 12:00 no local sindical arousán (rúa Alexandre Bóveda n.º 2), así como á conferencia que impartirá ás 20:30.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: