Está a piques de comenzar a destrucción da Serra do Iríbio, a 1.440 m de altitude no LIC Acares-Courel, coa instalación dun parque eólico ILEGAL (legalizado) na Rede Natura.
No 2004, en pleno «boom» eólico promovido no governo de Fraga, iniciaron-se os trámites para a construcción dun parque eólico na Serra do Iríbio, nos concellos de Triacastela e Samos, en plena REDE NATURA 2000, concretamente no LIC Ancares-Courel. A Xunta deu luz verde a esta iniciativa facendo o menor ruído posíbel, e a empresa obtivo unha Declaración de Impacto Ambiental favorábel, mália rozar o absurdo, demostrando unha vez máis a corrupción da nosa administración.
Agora o novo governo, como era de esperar, acaba de botar a andar novamente o parque eólico, e nestas datas están a solicitar as licenzas municipáis de obra para iniciaren a construcción da destrucción.
Con mentiras e intimidacións, conseguiron gañar o apoio dos veciños a este eólico, ademáis de fomentar a petición de que se exclúa o concello de Triacastela da REDE NATURA, onde actualmente se inclúe o 34% da súa superfície (aproximadamente 1.700 hectáreas), e que por critérios ambientáis podería ser ben maior.
Vendo a política depredadora, de derribo e destrucción do actual governo, isto é mais que provábel, eliminando así toda posibilidade de amparo na Unión Europea e liquidando de vez todos os IMPEDIMENTOS LEGÁIS que existen actualmente, porén se incumplan sistematicamente.
Os que nos opoñemos ao eólico somos unha ridícula minoría acosados polos nosos própios veciños que andan tolos cos cuatro pesos que lles van dar, porque nen sequera negociaron, simplemente aceptaron a oferta da empresa.
Esta é unha petición desesperada para que vos sumedes á luita para evitar esta IRREVERSÍBEL barbaridade nun dos montes máis belos deste País.
Mais información:
http://triacastelaviva.blogspot.com