Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Habemus Papam

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Habemus Papam

Habemus Papam

O cardeal Guillerme Vázquez Vázquez, de 57 anos, é o sucesor de Quin I na Avda. Rodríguez de Viguri. O purpurado pontevedrés conseguiu os votos necesarios para converterse no 3º Pontífice do BNG tras un día de deliberacións do conclave. Gobernará co nome de Guillerme I.
http://galiza-sosego.blogspot.com/

Enviada por GALIZA_SOSEGO GALIZA_SOSEGO o 13/05/2009 11:11

A elección do novo Pontífice produciuse na segunda votación. A fumata branca saíu da cheminea do Pazo de Congresos ás 19:48 horas. Minutos despois, as campás comezaron a repicar na Praza do Obradoiro confirmando a esperada noticia.
Decenas de miles de fieis congregados na Praza do Obradoiro recibiron con berros e aplausos entusiastas a noticia e esperaron a aparición da cardeal protodiácona, a coruñesa María Xosé Bravo, que anunciou ao mundo o nome do novo Papa coa fórmula 'Annuntio vobis gaudium magnum Habemus Papam' pronunciada desde o balcón do Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
A multitude congregada no Obradoiro recibiu con gran emoción a María Xosé Bravo, pero cando a cardeal protodiácona revelou a identidade do novo Papa a xente reaccionou con máis frialdade e desconcerto que entusiasmo.
Minutos despois Guillerme Vázquez Vázquez, precedido pola Estrela de Cinco Puntas saíu ao balcón para saudar e bendicir aos fieis, que aclamáronlle con berros e aplausos. Nas súas primeiras palabras, o novo Papa, xa cos seus hábitos, dixo que é un "humilde traballador" da viña do Señor e dedicou unha lembranza á súa antecesor, Quin I.
"Queridos irmáns e irmás, despois do gran Papa Quin I, as señoras e señores cardeais me elixiron a min, un simple e humilde traballador da viña do Señor. Consólame que o Señor saiba traballar con instrumentos insuficientes e entrégome ás vosas oracións. Na alegría do Señor e coa súa axuda permanente, traballaremos e con María, a súa nai, que está da nosa parte", dixo.
Se lle viu emocionado e nervioso, con ollos que demostraban que durmiu pouco nestes días. O seu primeiro encontro cos composteláns, do que pasa a ser Bispo, durou poucos minutos. Antes de abandonar o balcón impartiu a bendición 'Urbi et Orbi' ao mundo enteiro.

O novo Papa elixiu o nome de Guillerme I para o seu Pontificado.
O voceiro da Avda. Rodríguez de Viguri, Francisco Rodríguez, explicou á televisión galega que Guillerme I ceará o luns pola noite cos cardeais e o martes, ás 9:00 horas, oficiará xunto a eles un mitin na Quintana.
Francisco Rodríguez salientou a "densidade intelectual" do pensamento de Vázquez pola súa "riqueza desde o punto de vista teolóxico e filosófico".

Perfil conservador
Despois de dous fumatas negras, os cardeais electores chegaron a un acordo para designar ao novo Pontífice no seu segundo intento. O escollido contou co apoio de polo menos 55% purpurados, mais da metade dos votos de presentes no conclave.
O nome de Vázquez era o máis barallado no abano dos sucesores de Quin I. A maioría de analistas coinciden en que o seu perfil garante a continuidade da firmeza dentro da Organización marcada pola seu antecesor. A prensa galega colocáballe á cabeza da corrente conservadora, a máis ampla de entre os cardeais electores.
Algúns cardeais apreciaban a súa proximidade ao Papa Quin I durante os últimos anos e, sobre todo, a importancia de seu dicasterio, o da Doutrina da Fe, exercido con man inflexible durante moitos anos. Así mesmo, valoraban que fóra un gran coñecedor da Curia Galega e dos seus mecanismos e un partidario dunha reforma radical no seo da Organización, como xa afirmou durante as súas reflexións do Vía Crucis deste mesmo ano, cando se referiu á "sucidade dentro da Organización".
Vázquez defendeu, diante dos cardeais, a doutrina da Organización e arremetió para iso contra as "modas do pensamento" que impoñen a "ditadura do relativismo" e ameazan ao nacionalismo: "o liberalismo, a libertinaxe, o colectivismo, o individualismo radical, o españolismo" e o "vago misticismo nacionalista".http://galiza-sosego.blogspot.com/


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Habemus Papam