Pronunciou a súa conferencia "A literatura que nace da rúa", no II Encontro da Cidade da Coruña, organizado polo concello da cidade, coa lema "Mulleres na literatura".
A escritora e xornalista mexicana Elena Poniatowska pronunciou a súa conferencia "A literatura que nace da rúa", no II Encontro da Cidade da Coruña, organizado polo concello da cidade, coa lema "Mulleres na literatura", na Real Academia Galega, onde foi recibida polo seu presidente Xosé Ramón Barreiro.
A literatura do noso continente é o reconto das súas loitas sociais, é a historia dos que non teñen voz, dixo ante un público que enchía a sala.
Elena Poniatowska é unha das autoras máis comprometidas cos problemas do seu país. Foi a primeira muller en gañar en México o Premio Nacional de Xornalismo en 1979. Entre os seus tìtulos atópanse: Querido Diego, A noite de Tlatelolco, As sete cabritas e A pel do ceo, coa que obtivo o premio Alfaguara en España, no 2001.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega entregaralle o Premio Escritora Galega Internacional a Elena Poniatowska, o 9 de maio, en Santiago de Compostela, pola súa excelencia literaria e o seu compromiso ético.
Elena Poniatowska Amor (1933) naceu en París, aínda que anos máis tarde, despois de casar, nacionalizouse mexicana. O seu pai pertencía á nobreza polaca e a súa nai era mexicana de ascendencia francesa. Recibiu diversos e importantes recoñecementos.