"O noso sistema electoral propicia o fraude e ninguén fai nada para rematar con esta situación. Non entendo como lle queremos dar clases de democracia a Venezuela, por exemplo, se nós mesmos non temos unhas eleccións limpas"
Cabozo.com entrevista en exclusiva a Carlos Taboada, director galego do documental "Quilombo electoral" onde nos mostra a través de entrevistas e cámaras ocultas cómo o sistema electoral da emigración galega "está podre". Poderedes ver a entrevista no grupo público "AchegasCabozo" de Cabozo.com (www.cabozo.com). Se aínda non sodes usuarios deberedes rexistrarvos pero só é necesario un nick ou nome de usuario e unha conta de correo. Ademais da entrevista poderedes ver un artigo sobre o interesante documental e un enlace ao blog de Carlos Taboada onde poderedes visualizar o documental (dura 35 mins. aproximadamente e recomendamos velo) É incrible o que reflicte este documental e que aínda non se adoptaran ningún tipo de medidas. Póñovos algúns extractos da entrevista: "O noso sistema electoral propicia o fraude e ninguén fai nada para rematar con esta situación. Non entendo como lle queremos dar clases de democracia a Venezuela, por exemplo, se nós mesmos non temos unhas eleccións limpas" "Emprender viaxe a Bos Aires para facer esta reportaxe foi simplemente por necesidade de contar algo do que moitos falaban pero que moi poucos puideron ver " "Tiñamos que ir lixeiros e sen chamar moito a atención " "No apartado técnico teño que dicir que despóis de tantear a algúns realizadores galegos ningún quixo emprender este documental comigo. Tiven que recorrer a un realizador catalán" "Algúns emigrantes galegos son moi vaidosos (...) queren que en Galicia se vexa o ben que lles foi ". "Podo asegurar que tódolos galegos cos que falamos son conscientes que o seu voto pode ser doadamente manipulado" "Tamén utilizamos cámara oculta para poder acceder ás sedes dos partidos e comprobar como efectivamente operan dun xeito totalmente ilegal á hora de recoller os votos. A cámara oculta tamèn a utilizamos nas sedes do correo arxentino xa que està totalmente prohibido gravar" "sei que dende o Bloque seguiuse moi de preto a realización deste traballo" "O primeiro en poñerse en contacto comigo foi Televisiòn Española, a través do programa "59 segundos". Propiciaron unha reunión en Baraxas con Antòn Losada. Ista xuntaza foi desalentadora" Ademáis disto e moito máis, poderedes ver tamén como o autor do documental nos comenta o nulo apoio, por intereses "escuros" de medios de comunicación como Tve, Tvg ou T5, á hora de difundir o devandito documental ou como sufriu certas "presións" por parte dalgún partido político para que se "esquecese" da difusión da reportaxe. A entrevista completa en Cabozo.com (no grupo público) "AchegasCabozo"