Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xa está ben...

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Xa está ben...

Xa está ben...

  Semella que son máis numerosos do que pensamos os casos de represión lingüística que nos toca viver na Galiza.

Enviada por LBA LBA o 13/02/2009 16:34

   Non hai moito tempo, de xeito moi semellante ao que lle aconteceu recentemente a outro cidadán galego cunha empregada de U. Fenosa, fóiseme exixido o uso do español por unha traballadora dunha céntrica entidade de Caixanova en Compostela.
   Dun xeito non precisamente amábel nin respectuoso, interrompeu o comezo da miña explicación para espetarme un "háblame en castellano que no te entiendo".
   Sen entrar, polo de agora, noutro tipo de valoracións, penso que o máis lóxico e de sentido común sería que todas as persoas que van desempeñar un traballo nun servizo público, como mínimo, entendan a lingua natural do lugar. Alguén me pode negar isto? 
   Na maioría dos casos estas persoas non senten ningún pudor, demostrando, moi ao contrario, unha absoluta prepotencia á hora de "solicitar" a mudanza de idioma.
   Este facto non fai outra cousa que deixar entrever a (infra)valoración que se lle outorga á nosa lingua aínda a día de hoxe.
   Xa non falo de dereitos, de imposicións ou de deberes, falo de LÓXICA e SENSO COMÚN. Temos unha lingua propia, a nosa lingua, que queremos falar e escoitar, sen que ninguén teña a ousadía de reprimirnos.
    Xa está ben de casos coma este.  Indignante é que ocorran cousas así e vomitivo o uso ritual do galego por políticos/as, empresas e BANCOS. (Véxase... )
    Que, aínda por riba destas situacións, teñamos que aturar que persoas alleas á nosa Terra (arroupadas por uns cantos/as de aquí) veñan a berrar ridiculeces polas rúas de Compostela é denigrante. Refírome, evidentemente, á irrisoria manifestación que o domingo pasado organizaron os "Bilingües". A insignificante cantidade de persoas que lograron reunir fala por si mesma.
    Xa chega de estupideces, mais tamén de humillacións e intentos de promover a extinción da nosa lingua e cultura. Extinción que debemos, todas e todos, evitar , loitando cada día polo NOSO, que é o ben máis prezado que temos.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: