Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Primeira quenda do Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega

  Co gallo dos cen anos do nacemento de Benigno Andrade "o foucellas" a Comisión Pola Recuperación de Memoria Histórica da Coruña impulsa o estudo dos feitos e espallar a historia de moitos galegos e galegas que máis aló da forte represión, arriscaron as súas vidas e morreron na loita e a resistencia, ao longo de moitos anos, enfrontando á ditadura franquista.

Enviada por osimon osimon o 16/01/2009 03:18

  No reitorado da Universidade da Coruña comezou cun feito inaugural a xuntanza do congreso da guerrilla antifranquista galega, deu a benvida aos asistentes o vicerreitor da UDC, quen salientou o paradoxo de estaren nun sitio ca noutras datas serviu a loita coas armas e hoxe serve a loita coas verbas, destaco as eivas da historia, e que na Coruña fica un monumento a Millán Astrai e non ao homenaxeado, o foucellas.

Falou polo Concello da Coruña  Ermitas Valencia quen salientou a débeda que ten a cidade cos homes e mulleres que ficaban nela e que enfrontaron a ditadura, a Concelleira de Cultura Deportes da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo destaca a importancia destes feitos na recuperación da memoria das loitas pola liberdade a ensinanza para o presente máis o futuro e non repetir os erros do pasado.

Manuel Monxe González, presidente da CRMH d´A Coruña nun afervoado discurso resaltou que a realidade hoxe permite esta xuntanza ca non era doada fai cinco anos, no espazo de tempo dende o ano 2006 e coa declaración do ano da recuperación da memoria histórica e a democracia cualificase a ditadura franquista coma asasina e executora de crimes contra-la humanidade. Pediu que xunto coa recuperación da memoria recuperar tamén a xustiza, e que habería que erixir un monumento aos seis centos asasinados polos feixistas. Destaca que non só a recuperación da memoria, impoñer tamén a recuperación do patrimonio espoliado polo ditador, e que a guerrilla galega foi o feito sobranceiro da loita contra-la ditadura e a represión.

O profesor e doutor en ciencias exactas Hartmut Heine, estudoso da guerra civil e dos movementos guerrilleiros en Galicia afondou no seu relatorio na traxedia da poboación sometida dende o alicerce da revolta feixista, mergullase no seguimento da historia dos guerrilleiros antifranquistas, os fuxidos e os agochados, as súas familias expatriadas, a organización da loita nas diferentes provincias, os vínculos dos partidos políticos e a guerrilla, os enfrontamentos coas forzas da represión, as loitas dentro do propio movemento guerrilleiro, abrangue tamén a historia das viaxes forzadas de traballadores á Alemaña nazi, e o exilio dos republicanos, así como a loita dende o eido político contra-lo franquismo no espazo dos anos 1939 a 1952.
Pecha a xuntanza coa actuación de Miro Casabella, e o gaiteiro Xosé Taboada.


4,55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: