Avogados e persoeiros das asociacións e organizacións de loita polos dereitos humanos da Arxentina, pediron ao goberno máis forza, non facer doado saír da cadea aos represores e rematar co que chaman "xustiza lixo". Destacan ca maioría dos liberados están pendentes da condena e son xulgados por graves delitos coma, secuestro e desaparición violenta de persoas coa sospeita de falecemento e as torturas a detidos, entre outros. Por outra banda a xustiza porteña fixo publica a sentenza pola que xulgara ao xefe da xunta militar da ditadura Jorge Rafael Videla.
Diversas organizacións de loita polos dereitos humanos de Arxentina, rexeitan pór en liberdade a militares e civís acusados e xulgados por delitos de torturas e desaparición de persoas perante a ditadura. Malia non ser o costume na xustiza Arxentina, nalgún caso o propio tribunal ditou a liberación só coa palabra do reo de non fuxir e manterse na súa vivenda habitual, noutros xeitos o exercito arxentino, din as organizacións, actúa coma seguranza ca non se afastaran e viran ante o xuíz cando sexan chamados.
Os feitos ocorreron nas provincias de Mendoza e Formosa e mesmamente na capital do estado a cidade de Bos Aires, salientan os avogados dunha asociación de detidos e desaparecidos que na provincia de Formosa, na raia co Paraguai e Brasil, os feitos dan pulo a fuxida dos liberados e pór en liberdade é un atranco no desenvolvemento das pescudas e un perigoso precedente, aínda pon acesa a posibilidade ca algún deles faga chantaxe sobre as persoas que están a ser testemuñas nas causas xudiciais. Destacan ca meirande parte dos liberados son xulgados por graves delitos, nomeados nas leis como de "lesa humanidade" coma é o secuestro e desaparición violenta das persoas con sospeita de falecemento e as torturas a detidos.
O ex militar Jorge Rafael Vídela, guieiro e xefe do golpe de que no ano 1976 foi alicerce da longa e sanguenta ditadura, que asolagou o país, nomeada "proceso de reorganización nacional ", o ex xeral detido no cárcere será xulgado da acordo coa sentenza da xustiza Arxentina. O tribunal ten probas da existencia dun plan sistémico para o secuestro e a execución de tormentos nos sitios de detención, a marxe da lei, que xeralmente remataban coa morte das vítimas.
Salienta a sentenza cas ordenes do exercicio ilegal tiñan orixe na cabeza da liña de mando e chegaban a todo-los eidos do estado na procura do cumprimento de xeito clandestino e garantindo a máxima impunidade. Así mesmo a causa estendese á responsabilidade do procesado no roubo dos nenos nados na cadea, no entanto as súas nais estaban detidas clandestinamente.
A nova causa pon fin a unha serie de pescudas levadas adiante logo da nulidade dos indultos ditados na presidencia de Carlos Saúl Menem, a responsabilidade do represor esta suxeita á condición de participe necesario xa que pola súa calidade de máxima autoridade do país tiña que obrigatoriamente ter coñecemento dos delitos que lle son adxudicados.