Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MIG 08. Foro das Migracións Latinoamericanas

A Faculdade de Educación da UNED de Madrid organizou o 16 e 17 de dicembro de 2008 o Foro das Migracións Latinoamericanas no marco da CÁTEDRA ANDRÉS BELLO con participación de profesores galegos.

Enviada por tfeliz tfeliz o 27/12/2008 15:49

A Faculdade de Educación da UNED de Madrid organizou o 16 e 17 de dicembro de 2008 o Foro das Migracións Latinoamericanas no marco da CÁTEDRA ANDRÉS BELLO. No amplo programa de ponencias, talleres e paneis, participaron numerosos especialistas, educadores e nativos implicados nos procesos de integración das persoas latinoamericanas en España. Entre eles, podemos destacar a ponencia da profesora Diana Priegue Caamaño da Universidade da Coruña que tratou o tema da Participación na escola como estratexia de integración e o taller sobre Historias de vida latinoamericanas. A sá análise e interpretación do profesor ourensán Tiberio Feliz da UNED. Ademais, abordaron-se outros temas como as variantes do español no mundo e a importancia do seu coñecemento para a intervención educativa, os movimentos migratorios ante as tics, a sociedade do coñecemento e a cooperación para o desenvolvemento, a experiencia de integración dos Latin Kings en Cataluña, as personaxes latinoamericanas, as experiencias de integración, a educación na segunda xeración de inmigrantes, a participación na escola como estratexia de integración, a situación nas comunidades autónomas, os xoguetes de América e a visión dos inmigrantes. A xornadas poden visualizarse por internet tanto as sesión do día 16 como a do día 17


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



MIG 08. Foro das Migracións Latinoamericanas