Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Consellaría de Presidencia, AA.PP. e Xustiza do sr. Méndez Romeu ten previsto despedir a máis de 50 persoas.

50 traballadoras/es que van a recibir de agasallo de Nadal un despido.

Para perpetrar esta falcatruada convocan unha Comisión de Persoal extraordinaria para facer de tapadillo unha privatización descarada dos servizos públicos.

Enviada por trasgo trasgo o 23/12/2008 20:38

A CIG-Autonómica veu denunciando ao longo deste ano esta pretensión da Consellaría, tanto en diferentes concentracións diante dos numerosos xulgados de todo o país como nas negociacións que se estaban a levar coa Administración. Ditas negociacións víronse, curiosamente, interrompidas cando a CIG-Autonómica presentou 22 páxinas de alegacións a un documento de apenas 60 páxinas; documento que, por suposto e seguindo as ordes autoritarias do Secretario Xeral da Consellaría, Santiago Roura, non contestou a pesar de que durante a negociación se lle pediu repetidamente contestación por escrito ás mesmas.  

O carácter autoritario e absolutamente conservador de Santiago Roura provoca que 55 traballadoras/es se vaian á rúa para financiar os caprichos en forma de coche oficial novo dos altos cargos da Xunta, o despacho na Coruña do seu xefe e a creación de 3 novas prazas de confianza para darllas aos seus amigos saltándose, deste modo, o compromiso que adquiriron no seu programa electoral de reducir o número de altos cargos.   Ademais temos que indicar que case todas as persoas que despiden teñen dereito á participación no plano de estabilización de emprego que asinou a propia Consellaría coas centrais sindicais. 
 
A CIG-Autonómica esíxe o cese inmediato do Secretario Xeral da Consellaría de Presidencia, Santiago Roura, e a retirada das RPTs da Consellaría da mesa xeral do venres 26 de decembro
xa que doutro xeito non nos queda máis que deducir que o Conselleiro está de acordo cos despedimentos e, conseguintemente, que o seu partido, o PSdeG-PSOE avala as prácticas privatizadoras que tanto criticaban cando estaban na oposición e que, continúan criticando cando se producen noutras administracións nas que non gobernan.  
Está convocada unha concentración de condena o venres 26 ás 11:45 horas diante da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), que é o lugar onde se vai a celebrar a mencionada Comisión de Persoal.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: