Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Adiada a concentración en Compostela: todo@s a Ferrol o día 3!

3xung.gif

Ante os gravísimos feitos acontecidos en Ferrol co asunto REGANOSA, coa desproporcionada actuación das forzas de seguridade e que deron como resultado a prisión incondicional e sen fianza do Patrón Maior, Bernardo Bastida, ADEGA fai un chamado á cidadanía galega para que o domingo día 3, manifestemos en Ferrol a nosa vontade de seguir loitando en defensa da ría, esixindo a inmediata posta en liberdade do patrón maior.




Enviada por ADEGA ADEGA o 01/06/2007 12:41

Será no peirao de Curuxeiras ás 12h. En ADEGA quedaremos ás 11:45h xunta o Café Marte, no porto de Ferrol. Mobilízate e participa: agora máis que nunca, REGANOSA FÓRA DA RÍA!!. Desconvócase deste xeito a concentración en Compostela prevista para o domingo día 3 nas Praterías con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente que se traslada ao propio día 5 (martes) ás 18h na praza do Toural de Compostela.


Defender o ambiente non é delicto. LIBERDADE PARA BASTIDA!


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: