Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Rematou a festa, agora toca abonar a conta

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Rematou a festa, agora toca abonar a conta

Rematou a festa, agora toca abonar a conta

Os plans de rescate, cuxo deseño foi elaborado pola clase política, resultan ser un estrepitoso fracaso e denotan que a súa concepción dista de ser unha solución restauradora do crebado panorama financeiro

Enviada por galdo galdo o 01/12/2008 17:56
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Rescatar institucións financeiras que incorreron en prácticas crediticias incorrectas, é en orixe impopular, pero o certo, é que hai opinións contrapostas, hai correntes de opinión que argumenta que o rescate é un procedemento esencial para previr o colapso financeiro, mentres que outras reflexións menos intervencionistas apuntan como alternativa correcta, deixar que a depreciada situación das entidades con problemas provoque a súa bancarrota.                                                                                                                                                                                                                  É É certo que os plans de rescate proposto polos gobernos a través dos seus respectivos Bancos Centrais non consiste en colocar diñeiro a libre disposición das entidades financeiras con saúde delicada.... ! até aí podiamos chegar!..., é mais complexo pola formalidade do procedemento, pero en síntese, trátase de inxectarlles liquidez sen que iso presupoña incrementar o seu depósito efectivo, pero si o resorte de estabilidade oportuno para manter viva a súa operativa ordinaria e por riba alcanzar novos e mais elevados beneficios.

Pero a realidade é que os plans de rescate, cuxo deseño foi elaborado pola clase política, resultan ser un estrepitoso fracaso e denotan que a súa concepción dista de ser unha solución restauradora do crebado panorama financeiro mais ben acontece ser unha prorroga estacional a un mais que presumible derrube, claro que este posibilidade non ten aceptación nesta España peculiar na que os nosos enxeñosos estadistas seguen mantendo tenazmente  que os muíños de vento en realidade son xigantes como á vez con idéntica naturalidade negan a existencia da crise e ao virar a esquina eríxense en redentores da mesma.

Todas as comparacións son desafortunadas pero cando a referencia de contraste apunta ao mundo das finanzas iso pasa do inadecuado ao dispar, por tal motivo é pouco menos que un absurdo manter como postulado que a hecatombe financeira que puxo en xaque ás principais economías mundiais teña como desencadeamento a concesión de hipotecas a receptores sen suficiencia de recursos para atender as súas obrigacións, iso é unha lectura interesada ou un método confuso para embrollar a causa co efecto, as famosas "hipotecas subprime" puxéronse en circulación pola ambición desmedida das entidades financeiras norteamericanas, quen apostaron pola posta en mercado de prestamos de alto risco en contrapartida ao cobro de maiores intereses e todo ese procedemento estructurado sobre un valor de taxación excedido á realidade do mercado.

Pero o mais grave desta odisea, é que o factor tempo e o exceso de prestamos hipotecarios créolles unha carencia de liquidez absoluta, ou o que é o mesmo, unha advertencia de equivocación na súa política financeira, pero se a realidade debese facerlles reconsiderar o seu desacerto negaron esa evidencia e conscientemente estableceron como solución ao amparo da globalización, transferir os seus riscos a cambio de recuperar liquidez infectando a propósito o circuíto interbancario cos seus activos tóxicos ou contaminados.Por tanto o efecto recae na "hipotecas subprime" outorgadas a os  "ninja" ou persoas de dubidosa solvencia , pero a causa provén dos executivos promotores deste desaguisado, eses que viven a corpo de rei, perciben salarios escandalosos, blindan os seus contratos e a súa responsabilidade é cero.

A verdade que estamos ante un escenario complexo, pero é evidente que o actual desastre financeiro ten en si mesmos uns responsables que aplicaron de forma imprudente decisións inxustificables coa malsán intención de alcanzar plusvalías desmedidas sen observancia ao mais elemental código ético nin á mais mínima  conducta de disciplina mercantil, e o mais grave, é que esas prácticas que en se mesmo debían ser consideradas como actos punibles con imputación dos seus artífices, dáselle un mero carácter episódico sen aplicar a procedente expurga de responsabilidade.

Rematou  a festa e agora toca abonar a conta, pero non se preocupen que sempre aparecera alguén disposto a facerse cargo  da factura, é dicir,a solvencia chámase  rescate.

Xosemanuel Galdo -  Fonte


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: