Mergullado na crise mundial, malia o seu propio atranco, o xigante asiático busca afondar negocio e investimento nos países da América latina e o Caribe. Co fin de salientar os obxectivos chineses na comunidade latinoamericana, e axudar aos pobos da rexión na comprensión da súa política exterior, o presidente Hu-Jintao presentou ao abeiro da xuntanza pola crise financeira mundial o "Libro Blanco sobre América Latina"
Co fin de salientar os obxectivos chineses na comunidade latinoamericana, e axudar aos pobos da rexión na comprensión da súa política exterior, o presidente Hu-Jintao presentou ao abeiro da xuntanza pola crise financeira mundial o "Libro Blanco sobre América Latina" na crenza que américa latina ten os máis abondosos recursos pola medra económica e unha forte capacidade de desenvolvemento. O goberno da China busca deixar unha forte pegada na rexión, coa diplomacia das axudas xenerosas, a redución da débeda dalgún país, e a cooperación.
A viaxe do presidente chinés co fin de daren pulo aos acordos do comercio cos países de Latinoamérica e o Caribe, nos eidos da enerxía , os minerais, os acordos petroleiros con Venezuela, as visitas a Cuba, Costa Rica, Perú e a participación na xuntanza económica Asia-Pacifico. A emerxente economía chinesa, a cuarta do mundo polo seu PIB, cun vinte e sete por cen de crecemento no ano 2007 ha freado o seu ritmo até o dez por cen predito ao peche do ano 2008, a baixada é a primeira en cinco anos e pon o perigo no emprego máis a estabilidade social. O impulso da economía interior cun notábel investimento no mercado interno, unha rebaixa dos impostos ao sector da industria, e o crédito dirixido ás pequenas e medianas empresas nos eidos do rural, as tecnoloxías, e no desenvolvemento das estradas, os ferrocarrís e aeroportos.
China e as commodities
A nova chinesa na xuntanza dos EUA deu ar aos prezos do gran, o anuncio dos investimentos a prol de manter o seu nivel de consumo, e expandindo o crecemento aos países asiáticos, seica a crise mundial, deu razón á suba dos prezos nos mercados de Nova Ior e Chicago, cunha forte recuperación das oleaxinosas. Coa novidade do paquete financeiro, as axudas ao consumo interno e ao agro co fin de acrecentar a produción, a supresión das restricións ao aluguer de fincas, China o primeiro importador de soia do mundo, espertou o optimismo nos mercados de gran e os prezos medraron fortemente.
Cuba e o Perú
A visita do presidente chinés a Cuba, o máis salientable socio comercial da illa logo de Venezuela, coa sinatura de novos acordos polo desenvolvemento económico e a axuda na recuperación dos danos polos furacáns deste ano, destacan un acordo cun orzamento de setenta millóns de dólares e a doazón de dez millóns pola mellora dos feitos socioeconómicos da poboación cubana. Os investimentos e os créditos do país asiático na illa chegarán aínda preto de dous mil seiscentos millóns de dólares, cos cartos Cuba mercará vehículos de transporte público, ferrocarrís, aparellos do fogar co fin de suplir os vellos e afondar no aforro enerxético. China mercará azucre e metais que produce Cuba, quen pola súa banda asesorará ao país asiático en temas do turismo e as pescudas no eido da biotecnoloxía.Seguindo coa súa tecedura de ligazóns na América latina, a andaina do presidente chinés levouno ao Perú, alí asinou acordos de intercambio comercial e créditos por milleiros de dólares nas áreas das infraestruturas e os servizos.