Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Chile lembra ó Presidente Salvador Allende

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Chile lembra ó Presidente Salvador Allende

Chile lembra ó Presidente Salvador Allende

  Cumprironse trinta e cinco anos da súa morte na defensa da democracia, e cen do seu nacemento.
O día once de setembro, co gallo dos trinta e cinco anos do golpe militar que instalou no poder ó xeneral Pinochet e os seus comprices, a presidenta de Chile Michelle Bachelet amosou á prensa a restauración do salón onde o presidente constitucional Salvador Allende exerceu a súa maxistratura, e perdeu a vida na defensa do goberno democrático.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 12/11/2008 02:17

  O día once de setembro, co gallo dos trinta e cinco anos do golpe militar que intalou no poder ó xeneral Pinochet e os seus comprices, a presidenta de Chile Michelle Bachelet amosou á prensa a restauración do salón onde o presidente constitucional Salvador Allende exerceu a súa maxistratura, e perdeu a vida na defensa do goberno democrático. Xunto coa presidenta Bachelet estiveron na cerimomia dúas fillas e unha neta do presidente Allende, o salón nomeado "Salón Blanco Presidente Allende"  ten nunha parede un retrato do ex presidente, de dous metros da altura, que o mostra en corpo enteiro, tamén unha das mesas na que traballou coa a súa cadeira e outros mobles coas pegadas da metralla o día do golpe.

O traballo ó longo de tres meses na restauración dos danos que deixou no Pazo da Moeda, a sede do goberno en Chile,  o bombardeo da aviación chilena o día once de setembro do ano 1973, na busca de riscar toda sinal do testemuño de Allende e da súa loita e resistencia ós golpistas. Vinte e cinco persoas levaron adiante a tarefa na busca de acadar cos detalles que os espazos tiñan daquela, e a ditadura agochou ben mudando as trazas do sitio, ben levando os mobles a outras estancias, polo que foi necesario acudir á presenza das persoas que estiveron ali o día do golpe, aínda utilizaronse fotografías e tamén a axuda dos planos originais do pazo.

A lembranza do presidente Allende no Pazo da Moeda, acontece despois doutra data slientable, o dous de xuno de 1908 ano do seu nacemento en Valpariso no sur chileno da que cumprironse cen anos. Os días sete e oito de novembro no estadio nacional de Santiago de Chile, o maior centro de detidos e torturardos dende os inicios da ditadura militar, houberon dous megaconcertos alcumados cen anos mil soños, coa participación de artistas e cantantes de España, Arxentina, Chile máis outros países latinoamericanos, leronse pasaxes de escritos vencellados á obra de Allende, co fin de manter viva a pegada da súa figura e a loita pola liberdade e a democracia.

A presidenta Bachelet expuxo o seu desexo que "os sitios sexan visitados polos alumnos das escolas para coñecer a historia co sinal do presidente Allende, máis os homes e mulleres que decidiron achegaren na resistencia ós golpistas na defensa da liberdade e existirán na memoria da xente e na historia da nación".       


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: