Un día máis a ACLP Roxin Roxal realiza un roteiro de balde por Vilasantar o domingo 28 de setembro
O próximo domingo 28 a Asociación cultural Libre de Paderne fara o segundo dos roteiros de outono por terras de Vilasantar. Trátase dun fermoso percorrido con algúns puntos de interese tan insólitos como a visita a un batán en funcionamento ou a unha singular hórrea ou hórreo cuadrangular na aldea de Vilaboa, sen esquecer á igrexa de Santa María de Mezonzo, auténtica xoia da arte románica. Na páxina web do Concello de Vilasantar poderedes atopar a descrición dun percorrido moi parecido ao que faremos o domingo. Ao remate, como é de costume, haberá xantar colectivo. Será nun local cedido polo Concello, quen está a colaborar con entusiasmo na organización da actividade. Hai que traer a comida. Non é necesario que vos anotedes nin para o percorrido nin para o xantar.Para máis información das actividades desta asociación podedes visitar a páxina web www.roxinrioxal.net