Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Concello da Coruña debe solicitar o sobreseimento da causa contra os cidadáns imputados por defender o topónimo

Exixe unha indemnización desproporcionada cando foi a entidade local coruñesa a que incumpriu a lei e a que desperdiciou cantidades millonarias do patrimonio público

Enviada por mgz mgz o 30/05/2007 18:39

Varios veciños da cidade da Coruña están imputados por teren reivindicado a utilización do topónimo natural da Coruña, que tamén é o único oficial e legal, algo que teñen afirmado reiteradamente distintas sentencias do Tribunal Supremo.

O Concello da Coruña presentouse como acusación particular para solicitar, a través do informe pericial, unha indemnización absolutamente desproporcionada, contra uns cidadáns acudados da destrucción do macizo floral que rezaba "La Coruña" na entrada da cidade. Segundo puido saber o MpDC, o importe da indemnización exixida polo Concello superaría os 3.000 euros.O MpDC exixe que o Concello solicite o sobreseimento da causa e comece por cumprir a lexislación da que se riu e que violou reiteradamente nos últimos anos.

Foi o Concello da Coruña o que incumpriu a lei e o que ocasionou pérdidas millonarias ao patrimonio público. O Concello estivo nos últimos anos a incumprir toda a lexislación en relación cos dereitos lingüísticos, ademáis de desperdiciar nos últimos anos 300.000 € públicos nunha causa ilegal, a defensa do topónimo deturpado da cidade. Abonda con dicer que a indemnización que vai reclamar o Concello, aínda representando unha esaxeración inxustificábel, representa aproximadamente a metade do que pode gastar a entidade local tan só nun mes en defender esta causa.

Existe tamén unha causa pendente contra Francisco Vázquez, o anterior alcalde da cidade, por negarse a cumprir coas sentencias do Tribunal Supremo. Non é admisíbel que un Concello que se estivo a rir reiteradamente da xustiza, que non gañou nen unha soa sentenza e que seguiu a presentar eternos recursos cos cartos de toda a cidadanía coruñesa, pretenda agora, no entanto, exixir unha indemnización tan esaxerada contra uns cidadáns unicamente pola retirada dunhas cantas plantas na entrada da cidade.

O MpDC agarda que a nova correlación de forzas políticas na cámara municipal contribúa para solucionar esta ilegalidade do Concello da Coruña e impida que se repitan estas situacións.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: