O ruxe ruxe mantén que o alcalde electo de Punxín polo PSOE non pode ter nada ao seu nome e que tivo problemas coa xustiza por mor dunhas letras.
A sorpresa dalgúns que hai tempo que non vivimos en Punxín é enorme ao constatar que no noso concello ven de gañar as eleccións polo PSOE un señor que tivo problemas coa xustiza, que á hora de declarar os seus bens para tomar posesión vai dicir que non ten nada a pesares de disfrutar dun Mercedes último modelo, de que parece ser que, aínda por riba e de todo o que dicían no partido socialista, é promotor de vivendas. Viva as eleccións libres, pero por favor, que se investigue algo antes de deixar ser a calquera candidato.