Chamamento Mundial. Sábado 9 de xuño. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.
Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.
Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.
Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.
Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.
Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.
Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia.
Visita a nosa web: http://www.ciclonudista.net
Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 9 de xuño ás 12h na Coruña, desde a praza de María Pita ata a praia das Lapas)
En Galiza tamén queremos participar desta chamada mundial. Porque na nosa cidade todavía hai moita intolerancia e prepotencia. O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e prepotente, como o é a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como nos pete, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade, un paseo de tolerancia e integridade.
O percorrido comezará en na Praza María Pita de Coruña, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis! :) Faremos un percorrido pola cidade para rematar na praia das Lapas, onde nos espera unha festa de recibimento e probablemente algo de picar. Iso sí, un baño nas augas do Atlántico despois da bici non virá nada mal.
Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dubida se atreverse, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad*s, ... Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.
A convocatoria nace coa intención de ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes a todas as persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod*s *s vos*s coñecid*s, amig*s ou familiares (sexan daquí ou doutros lugares), seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.
Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://www.ciclonudista.net
A preparación poderedes seguila aquí: Foro de masa crítica (apartado da ciclonudista)
O material dispoñible é:
- Cartaz 1
- Cartaz 2
- Panfleto diante
- Panfleto detrás
Vémonos o sábado 9 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!