O Decreto de Normalización do Ensino en Galicia debera contar cos profesionais docentes se quere rescatar a dignidade no uso do galego.
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en Galego e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
Someto á consideración dos lectores esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
O Presidente da Real Academia Galega leva razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".
Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde... O futuro das linguas non se pode determinar por decreto...!
Os profesionais do ensino tamén somos de carne e oso, comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada de días, anos, lustros... NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE... e a sociedade sábeo ben!
Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...etc.
¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?
Erasmo
Amante da súa lingua e da Liberdade...!