Dedicada a meu amigo Moncho Valcarce, que de seguro botaría un sorriso ao oir este relato, mentres dabamos conta dunhas cervexas "Estrela de Galiza", sen dúbida a mellor cervexa do mundo enteiro e parte do estranxeiro, no Chamorro en Sésamo
En Bruxelas realízase a convención mundial de produtores comerciais de cervexa, á que asisten os representantes das máis prestixiosas compañías cervexeiras do mundo. 
Concluída a convención, todos os representantes reúnense a festexar o éxito do evento, para o que se atopan na cafetería do hotel onde tivo lugar a celebración. 
Unha vez alí, non conseguen porse de acordo en que pedir. Para romper o xeo, o representante checo chama á camareira máis próxima e dille: 
'Unha Budweiser, por favor'. 
Chega a quenda entón do holandés, quen di: 
'Para min, unha Heineken, se fose tan amable'. 
A continuación, pide o danés: 
'Gustaríame tomar unha Calsberg'. 
E o mejicano: 
'Tráiame unha Coronita'. 
E o australiano 
‘A min unha Foster's se é tan amable? ‘
E o irlandés: 
'Ponme unha Guinness'. 
E así seguiron todos os representantes das compañías, pedindo a cervexa que eles mesmos producían. 
O último en pedir foi o representante galego  de ‘Estrela de Galiza', quen dixo: 
'Pra min un auga mineral, por favor'. 
Sorprendidos, os demais representantes pregúntanlle o porqué de tan estraña decisión, e por que non pediu unha "Estrela de Galiza", ao que responde: 
'Se vostedes non van tomar cervexa, eu tampouco'.