A FPG publicou este comunicado na súa web: www.frentepopulargalega.org.
Euskal Herria aurrera! Guk, independentzia!
					A escalada represiva do Estado español nos últimos meses atenta contra os dereitos básicos da cidadanía: aténtase contra a solidariedade cos pres@s, aténtase contra o dereito de asociación, aténtase contra o dereito de manifestación, aténtase contra o dereito da liberdade de expresión...   
Metidos de cheo na campaña electoral, o poder xudicial capitaneado por Garzón e Grande-Marlaska intervén na política a ordes dos intereses partidarios (ministros Bermejo e Rubalcaba, fiscal Conde-Pumpido) para iniciar unha agresiva represión. A xustiza a mercé da política, a xustiza integrada nun só poder, esfarelando os principios democráticos enunciados xa en Montesquieu.   
O Comité Executivo da FPG declara:   
A solidariedade internacionalista coa esquerda abertzale. 
Denunciamos o estado de excepción no que se atopa Euskal Herria. O único escenario democrático posíbel é o que parta do recoñecemento polo Estado español do dereito de Autodeterminación. 
A esixencia do respecto aos dereitos básicos d@s pres@s e o fin da dispersión. 
A necesidade urxente da derrogación da lei de partidos. A
 esixencia de desaparición de tribunais especiais como a Audiencia Nacional española.