O novo plano, aprobado este xoves 13, elimina a denominación de Ciencias Políticas e duplica un titulo xa existente na Universidade de Vigo.
A partir de agora os mozos galegos que queiran estudar Ciencias Políticas, terán que marchar fóra do noso país. O novo plano aprobado onte na facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, elimina a denominación de Ciencias Políticas do futuro plan de estudos e opta por: "Grao en Xestión Pública" (nome de titulación existente en Pontevedra). Co cal, non só se deixan de ofertar un tipo de estudos, que tiñan bastante demanda, senón que de duplica outra titulación. Este grao adpatado a Boloña, comezará a se impartir no vindeiro curso 2008-2009 de xeito experimental.
Ao proceso, levado a cabo de xeito nada transparente, con legalización da comisión redactora "ad hoc". Súmaselle que na Xunta de Faculdade, había 6 alumnos do sindicato favorable ao plan, Prologos, que estaban en funcións (foran escollidos hai máis dun ano). Porque onte foron as eleccións á Xunta de Faculdade, e Prologos quedou sen representantes. Polo tanto, dicir que ese plano está aprobado por un xunta ilexitima (non é ilegal, porque nos estatutos está recollido que se pode aprobar dese xeito) Dicir que nesa Xunta había ex-estudantes que non tiñan vinculación orgánica ca USC. Tendo en conta que o resultado ademáis foi extremadamente axustado. O SI acadou 19 votos, e o NON acadou 17. Polo tanto, se a Xunta de Facultade estivese constituida atendendo ós resultados do mércores 12, o plano teriase freado a tempo.
O plano ten uns culpables moi claros: O vicerreitor Máximo Pló, (que legalizou "ad hoc" unha comisión sen validez formal). A equipa decanal, comandada pola decana Nieves Lagares, o vicedecano Miguel Bastos, o ínclito (ex)presidente de Inicativas 21, Ramón Maiz, o televisivo Antón Losada e tamén polo ex-vicepresidente da Xunta de Galiza, X.L. Barreiro Rivas. A eles, que tanto se lle enche a boca de democracia, non dubidaron en empregar todos os mecanismos informais ós seu alcance -incluido o rodillo- pra aprobar un plano que ten ó 99% do estudantado, a 3 departamentos e á metade da Xunta de Faculdade en contra.
Por último, dicir, que os estudantes da actual Licenciatura de Ciencias Politicas, convocados pola "Plataforma polo non" estiveron concentrados dende as 16.30, ata que os membros da Xunta saíron, sobre as 20.45 . Deron un exemplo de civismo e protesta pacífica. Xa que únicamente, houbo un pequeno momento de tensión, cando se soubo que o plano fora aprobado. De feito, algun profesor, chamou á policía, que apareceu sobre as 8 da noite, apostandose nas inmediacións da faculdade. Finalmente, a tensión reduxose, e os membros da Xunta de Faculdade sairon, entre aproximadamente 200 alumnos, que estaban sentados pacificamente e en silenzo no chan da facultade pra amosar o seu descontento.