Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Poñéndolle voz a Rosalía

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Poñéndolle voz a Rosalía

Poñéndolle voz a Rosalía

Só hai unha maneira de facer que unha lingua estea viva: poñéndolle voz. E por que non poñerlle voz ás palabras de Rosalía?

Enviada por bandua83 bandua83 o 19/05/2007 00:51
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Existe a percepción de que a rede serve para desunir. Se cadra a meirande parte do tempo que empregamos en navegar malgastámolo en páxinas inútiles e leas futís pero, oes, que ninguén diga que a rede deshumaniza. Eu digo que a rede une e que a xente a través de internet coñécese, namora, ódiase e mesmo colabora para ser solidarios.

A xente é solidaria. Hai algúns que se reúnen en internet e deseñan sistemas operativos de balde, coma Linux, e tradúcenos a tódalas linguas do mundo. Hai outros que se dedican a reivindicar causas xustas e a apoiar ONGs. Se cadra outros forman bandas musicais con persoas que nunca viron nin verán. A xente leva dentro o de ser solidarios.

Mais eu hoxe quero chamar a atención sobre dun proxecto que pon voz a Goethe, Shakespeare, Freud, Kafka, Mark Twain.. . Librivox.org é un proxecto colaborativo que pretende recoller a voz que xente anónima lle pon á gran literatura. Voluntariamente un pode participar lendo un libro, gravando a súa voz, e logo “liberando” esa gravación para que outros se deleiten cos versos liñas e lidas.Este loable proxecto leva recollidos centos de gravacións en lingua inglesa, alemana, finesa, portuguesa… Eu animo a todos cantos queiran emocionar lendo que poñan voz a Rosalia de Castro, a Eduardo Pondal, a Curros Enriquez, a Amado Carballo, a Mendiño ou ó Rei Don Dinís… Por que non propoñerse o reto de facer que lingua galega estea dispoñoble tamén deste xeito?.

Só dúas cousas:

1.Hai que dispoñer dun extraordinario equipo técnico: un micrófono conectado ó ordenador e un gravador de voz. (O máis difícil é poñer a voz)

2. Os textos lidos teñen que estar no dominio público para que a canda a gravación a xente poida ler tamén se quere. Isto é sinxelo tamén xa que o proxecto da Biblioteca Virtual Galega ten en liña unha boa cantidade de textos accesibles.

Eu animo a que colaboredes a prol da nosa lingua nesta chamada miña. Se queredes ler podedes directamente dirixirvos a Librivox e facer a vosa achega ou colaborar con outras persoas, entre eles eu.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: