Os Comités Abertos de Estudantes avogamos por un ensino laico. A relixión ten que sair da escola pública pois as crenzas relixiosas forman parte do ámbito privado e, polo tanto, o ensino relixioso debe quedar ao marxe do obrigatorio e fóra do currículo escolar. A escola hoxe, máis que nunca, debe ser un espazo público, onde o adoutrinamento relixioso e ideolóxico queden fóra das súas portas.Exiximos que a relixión quede fóra do currículo escolar e que non se permita ningún símbolo relixioso nos centros escolares.
Relixión, fóra das aulas!               Estudar é un dereito que se nos recoñece                a todas e todos os estudantes,nun ensino que se di democrático                e afastado de doutrinas impositivas. Mais,pola outra banda séguese                a manter no ensino e mesmo a reforzar, unha materiasectaria e ideoloxista                que non busca outro fin que alienación das e dosestudantes                nuns preceptos falsos e retrógrados, non estamos a falar                doutracousa que da relixión.               Os Comités Abertos de Estudantes avogamos                por un ensino laico. Queremosque a relixión saia da escola                pública pois as crenzas relixiosas forman partedo ámbito                privado e, polo tanto, o ensino relixioso debe quedar ao marxe daensinanza                obrigatoria e fóra do currículo escolar. A escola                hoxe, máis quenunca, debe ser un espazo público, onde                o adoutrinamento relixioso ouideolóxico quede fóra                das súas portas.               O actual goberno do PsoE non só non cumpriu                as propostas sobre este temaque lanzaba cando estaba na oposición,                se non que impulsou unha reforma, a LOE,que segue a lexitimar o                ensino relixioso católico e reforza o papel doscatequistas.               Os Comités Abertos de Estudantes exiximos                que a relixión quede fóra docurrículo escolar,                que non se permita ningún tipo de símbolo relixioso                noscentros escolares e que, con diñeiro público, con                diñeiro de todas e de todos,non se pague o adoutrinamento                relixioso. 
 
  
 Mais información en :
  http://www.comitesabertos.org/cae