Vieiros

Vieiros de meu Perfil


ADEGA alerta contra a crecente contaminación electromagnética

antenas.jpg17 de maio de 2007: DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS . Este día as principais organizacións ecoloxistas do estado, así como numerosas organizacións sociais e plataformas, queremos chamar a atención sobre o aumento da contaminación electromagnética. Demandamos un cambio da normativa estatal e autonómica con criterios de prevención e precaución, así como máis financiamento público para a investigación independiente sobre os efeitos para no ambiente e na saúde destas emisións. Baixa o MANIFESTO

Enviada por ADEGA ADEGA o 17/05/2007 02:01



Estamos asistindo á forte e incontrolada proliferación no medio rural e urbano dunha serie de infraestruturas de estacións base GSM, DCS e LMDS, dipolos repetidores, antenas de alta gañancia, picocélulas e microantenas, radioenlaces, etc., o os novos sistemas Wi-Fi. A lexislación estatal, feita polo anterior gobierno atendendo aos intereses das grandes operadoras, non resolveu o impacto social e ambiental das redes de telefonía móvil.
A mobilización social e ecoloxista obrigou a algunhas comunidades autónomas e concellos a establecer normativas máis preventivas e níveis de exposición máis restritivos. No entanto, queda pendente unha directiva europea que sirva como un instrumento real para facer compatíbel o desenvolvemento da telefonía móbil e as posíbeis afeccións ambientais e na saúde.
O actual governo do estado está aplicando na práctica a mesma política do PP, incumprindo claramente o seu programa eleitoral que recomendaba unha normativa de níveis máis restritivos. As autoridades sanitarias non se atreven a enfrontarse os intereses financeros das empresas do sector, poñendo en segundo lugar a saúde das persoas. Dous recentes estudos de campo constataron un aumento de entre 3,5 e 4,15 nas probabilidades de contraer cancro no radio de acción de 400 metros arredor dunha antena de telefonía móbil.
O Proxecto Reflex, financiado por la Unión Europea, concluíu que as ondas electromagnéticas da telefonía móbil producen alteracións do ADN. Diversas conferenzas internacionais de científicos independentes alertan sobre os posíbeis efeitos e riscos na saúde pública (Declaracións de Viena 1998, Salzburgo 2000, Roccaraso 2000, Alcalá de Henares 2002, Catania 2002, Friburgo 2002 e Benevento 2006).torre.jpg
No estado español, a Declaración de Alcalá de Henares, así como numerosas investigacións epidemiolóxicas teñen apontado os efeitos biosanitarios das emisións da telefonía móbil a níveis miles de veces inferiores aos que fixou a normativa estatal.
Precisamos dun programa público estatal e independente, non subvencionado polas operadoras, sobre os efeitos na saúde en xeral e particularmente sobre as persoas electrosensíbeis.
As organizacións asinantes deste manifesto demandamos un cambio na normativa actual, feita ao ditado das operadoras de telefonía móbil. Estas reformas deberían contemplar os seguintes aspeitos, entre outros:
a) Aplicación efectiva do Principio de Precaución e do principio ALATA (a mínima emisión tecnicamente posíbel).
b) Transformación da Lei Xeral de Telecomunicacións e da normativa sobre control do espazo radioeléctrico, tendo en conta os efeitos non térmicos. Revisión das normativas autonómicas con criterios restritivos e precautorios.
c) Establecimento dun valor límite exposición ciudadá que impida que se produzcan alteracións celulares.
d) Establecimiento dun valor límite por debaixo de alteracións no ámeto celular para a suma das ondas de todo tipo transmisións de uso industrial (radio, televisión, radar, telefonía móbil, radio-enlaces,…) ou doméstico (antenas de radioafeccionados, tecnoloxías GPRS, UMTS, Bluetooth, Wi-Fi , DECT.)
e) Información e xustificación exhaustiva como a desconxestión de áreas de saturación sobre-expostas, previa á instalación de estacións base de telefonía móbil e participación activa da cidadanía no ámeto local.
f) Estudo de diversas localizacións alternativas para a ubicación dunha estación base.
g) Moratoria en el despregue das redes UMTS y WiFi y WIMAX Promover as alternativas aos sistemas de comunicación sen fíos, por exemplo co uso da fibra óptica.
h) Minimización dos impactos paisaxísticos, visuais e ambientaiss no medio rural e urbano.
i) Establecemento dun mapa radioeléctrico urbano que reflicta o conxunto de emisións radioeléctricas en tempo real e de xeito continuo.
j) Máximo control sobre a ubicación de antenas e infraestruturas de telecomunicacións en zonas residenciais especialmente, e con mención especial ás áreas hospitalarias.
k) Criazón dunha comisión interadministrativa con participación activa de axentes sociales, organizacións ecoloxistas, científicos e técnicos independientes.
l) Estudos epidemiolóxicos por sorpresa sobre poboacións expostas con participación de científicos e técnicos independentes. Fomento de la investigación pública sobre os efeitos na salúde coa correspondente dotación orzamentaria.
m) Criazón dunha entidade de inspección e seguemento das estacións base despois da súa instalación con participación de científicos e técnicos independentes.
n) Criazón dunha base de datos pública co rexistro de todas as estaciones base e as súas emisións.antena2.jpg
o) Elaboración dun Código de Boas Práticas e campañas específicas contra o abuso do móbil e as condutas adictivas, na poboación adolescente e adulta. Limitar o uso dos teléfonos móbiles aos nenos/as e mozo/as ao nível máis baixo posíbel e proibir a publicidade dirixida a eles.
p) Reconoñecemento legal do potencial risco sanitario derivado da exposición residencial e laboral a campos electromagnéticos.
q) Recoñecemento no sistema de saúde pública da electrosensibilidade e das persoas electrosensíbeis.
r) Esixencia de zonas libres de emisións radioeléctricas de telecomunicacións. Definir zonas urbanas libres de emisións, en edificios públicos (escolas, hospitais, áreas residenciais) e nos sistemas de transporte público.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: